O Club Amigos da Boina de Galicia, convidado ao Folión dos Carros de Chantada

|

    Directivos do Club de Amigos da Boina de Galicia, que ten a súa sede social en Lalín, asistirán en calidade de invitados ao desfile do Folión de Carros, que se vai celebrar o próximo sábado día 23 de agosto, dentro do programa das festas patronais de Chantada, segundo acaba de confirmar o seu presidente, o xornalista e enxeñeiro ourensán Antón Alonso Suárez. 


Chantada, Manolo Seixas, 082025

Chantada, (foto:Manolo Seixas)


535304945 1358332676297136 1868198872528152755 n

     Logo da presenza nesta edición de 2025, agárdase para o ano vindeiro a participación no desfile dun bo número de asociados, a imposición da boina ao pregoeiro que designe a organización e que un representante da directiva forme parte do xurado encargado de valorar as carrozas que participen neste evento anual que organiza a Asociación Cultural Amigos do Folión, coa colaboración do Concello de Chantada. 


     O desfile ten dende 2002 a distinción de Festa de Interese Turístico de Galicia e a de Ben de Interese Cultural dende 2019.



  • Xuntanza dos Amigos da Boina para novembro



     Para o 15 de novembro, o Club de Amigos da Boina ten prevista a celebración dun capítulo extraordinario nas instalación do magnífico Pazo de Piñeiro do Concello de Chantada, cunha serie de actos que inclúen o nomeamento de novos membros, entre eles o alcalde Manuel Lorenzo Varela, con quen mantiveron días pasados unha reunión o citado presidente do Club, Antón Alonso, e máis o secretario Manolo Seixas, para concretar detalles do encontro de cuxa organización se encargará o enxeñeiro chantadino José Luís Cortiñas, tamén membro da asociación da Boina, que incluirá unha degustación de produtos típicos de Chantada, como as castañas e cogomelos, acompañados do viño novo, e no que participarán unha boa parte do máis do centenar de membros que integran o Club, chegados de diversos puntos de Galicia e do resto de España. 


PHOTO 2025 08 08 13 44 46

(de izq.-dcha.) Manuel Lorenzo, Antón Alonso y José Luis Cortiñas, (foto: Manolo Seixas)


    O pasado ano, o capítulo anual deste Club fundado en Lalín en 2023, celebrouse no concello pontevedrés de Silleda.

Comentarios