O Xeodestino Ribeiro-Carballiño promociona en Termatalia 2022 os balnearios e o turismo termal

|

  • O Xeodestino Ribeiro-Carballiño estuvo presente con dous stand na Feira “Termatalia 2022” que se celebrou os días 29 e 30 de setembro no recinto ferial de Expourense. 


Bed6a061 5a0c 45ff 8051 284fffef7cdd

Noelia Rodríguez, alcaldesa de Ribadavia e Manuel Dacal, concelleiro de Turismo de Carballiño


    Os stands correspóndense coa Mancomunidade do Ribeiro e a Mancomunidade de Terras do Avia, lugares que representan o corazón do turismo termal de Galicia, e nos que se atopan algúns dos mellores balnearios de España.


     Nesta feira participaron os representantes dos municipios que forman parte deste xeodestino: o alcalde de Leiro e presidente do Xeodestino Ribeiro-Carballiño (Francisco Fernández), o alcalde de Cenlle (Jose Manuel Rodriguez), o alcalde de Arnoia (Rodrigo Aparicio), o alcalde de Cortegada (Avelino de Francisco), o concelleiro de Turismo de Carballiño (Manuel Dacal), o alcalde de Castrelo de Miño (Avelino Pazos), a alcaldesa de Boborás (Patricia Torres) e a alcaldesa de Ribadavia (Noelia Rodríguez), xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense (Gabriel Alén).


    Todos eles destacaron a importancia que ten o Turismo Termal no conxunto do sector turístico de Galicia e mesmo de España. 

Nestos municipios atópanse algúns dos mellores establecementos termais do país

MANCOMUNIDADES TERRAS DO AVIA:


  • Baniño de Arcos
  • Termas de Brués
  • Gran Blaneario de O Carballiño
  • Balneario Caldas de Partovia
  • Spa Viñoterapia Hotel Monumento Monasterio San Clodio
  • Balenario de Berán
  • Termas de Prexigueiro


 MANCOMUNIDADE DE RIBEIRO


  • Spa Viñoterapia Hotel Monumento Monasterio San Clodio
  • Balneario de Berán
  • Balneario de Laias
  • Área Termal de Barbantes
  • Embalse de Castrelo de Miño
  • Balneario de Arnoia
  • Balneario de Cortegada


Comentarios