Maceda (Ourense) repite con restaurante en Xantar 2018

|


  • O chef Carlos Parra, director do Castelo de Maceda, será de novo o encargado de elaborar un menú baseado en produtos como o cabrito da Serra de San Mamede, o xamón de castañas ou o xabaril.


Xantar2018maceda

(de izq.-dcha) Carlos Parra, Rubén Quintas y Emma González




O Concello de Maceda repetirá a súa participación en Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebrará en Expourense entre o 31 de xaneiro e o 4 de febreiro de 2018. Logo do éxito obtido na última edición na que participaron por primeira vez cun restaurante, Maceda volve apostar por esta cita para promocionar a súa oferta gastronómica e turística. O menú presentado por este concello conseguiu acadar o Premios ao Mellor Restaurante en Xantar 2017, sendo o máis valorado polo público.



Maceda ofrecerá un menú baseado en produtos autóctonos e de calidade como o cabrito da Serra de San Mamede, o xamón de castañas ou o xabaril, maridado con viños da Ribeira Sacra. O encargado de elaborar este menú será de novo o recoñecido cociñeiro Carlos Parra, quen na actualidade ocupa o cargo de director xerente do Hotel Monumento Castelo Medieval de Maceda, un dos principais atractivos históricos do concello e que data do século XII.


A participación de Maceda en Xantar 2018 foi presentada esta mañá nun acto celebrado no Castelo no que estiveron presentes o alcalde deste concello, Rubén Quintas, o restaurador Carlos Parra, e a directora adxunta de Expourense, Emma González.


Ademais do restaurante, Maceda terá un día adicado, o domingo 4 de febreiro, contará cun stand dende o que promocionarse como destino turístico completo e próximo. “Trátase dun espazo aberto aos comerciantes da vila aos que animamos a que nos acompañen”, explicou o acalde. Non faltará tampouco o seu Entroido, declarado Festa de Interese Galego, e a súa personaxe única, o Felo, que ocuparán un lugar destacado no programa de actividades do salón. Tamén promocionarán a súa Festa Medieval, que se celebra durante a segunda fin de semana de agosto, e na que a carne de leitón é unha das protagonistas.



MENÚ CONCELLO DE MACEDA


– Entrantes: Xamón Selecta Coren con alcachofas confitadas; Tatín de foie e mazá e Pementos recheos de lacón con grelos con crema de pataca
– Fabas de A Lourenzá con xabaril
– Cabrito asado da serra
– Leite frito con xeado de leite merengadoe sirope de licor de herbas
Pan e Viño branco D.O. Ribeiro e tinto D.O. Ribeira Sacra
Prezo: 25 euros.

Comentarios