A propósito Baldomero Moreiras

|

     Nun entorno incomparable como a vila de Celanova, sempre lucen mellor as obras dos artistas que expresan sen reparos, o interior do seus corazóns. Neste caso estamos a falar de Baldomero Moreiras e o seu traballo de cartaces, titulado “ Carteis, cartaces, affiches” expostos na Fundación Curros Enríquez e baixo o comisariado de Olga Pastor


Olga pastor

Olga Pastor (izq, na imaxen) no momento da presentación da exposición e o libro na Fundación Curros Enriquez


07a5cfc8 e1d2 4fc5 87bd 7eeaff2a7024

    O día 3 de agosto de 2023 inaugurouse a exposición baixo a atenta mirada de amigos e outros artistas e cun numeroso publico que abarrotou a sala. Entre as personalidades presentes estaban o Alcalde da Vila e representantes da Deputación de Ourense.


      A obra de Baldomero está chea de creatividade e dinamismo, compromiso e admiración, chea de cor e na composición espacial axeitada para cada momento ou ocasión. Desde a adecuación a cada evento que ten que anunciar, propósito de todo cartaz, inclúe elementos representativos ben hilvanados. O caos ordenado no espazo e no tempo cumple a súa meta de integrar elementos que nun principio puidesen parecer dispersos ou disoantes. 


      A técnica, explicada por críticos como “simple”, goza dunha dimensión extraordinaria ao alcance de todos os que queren afastarse dos grandes debuxantes e mergullarse nas artes plásticas sen rubor a enganarse a eles mesmos, por non acadar cotas de pulcritude, que por outra parte, ben puidesen ser innecesarias no arte. Deste modo poden acompañar obras pictóricas da talla de Pablo Picasso ou Joan Miró. Aínda lembro as liortas dialécticas dos máis puristas do Museo do Prado, cando non imaxinaban ter a Picasso como un dos grandes do século XX. Decían que non tiña técnica, que iso non era pintar, e outras consideracións que hoxe fican obsoletas e ridículas. Cando a un artista se lle denominaba de técnica “sinxela”, agromaban as descalificacións máis crueis e ruíns que poidamos imaxinar. Hoxe, por fortuna, todo ten mudado. A técnica é un medio que axuda á realización da obra, porén a creatividade e o equilibrio cromático é outra parte fundamental, que os que a dominan, como Baldomero, triunfan e sorprenden ao espectador curioso. 


Presentaciu00f3n, Baldomero

O público abarrotou a sala de presentación e aledaños


     A presentación rematou cun momento musical dun dúo de dúas mozas, Leire e Zara con clarinetes que interpretaron a dúas voces temas populares, ademáis doutras pezas doutros xéneros musicais. Despois houbo un viño no patio da Fundación, e o artista dedicou un pequeno libro da exposición aos asistentes que o adquiriron.


    O entorno festivo das festas da Ramallosa de Celanova, no que non podemos esquecer o programa musical que dinamiza as xentes, aos emigrantes retornados, aos visitantes e xunta ás familias, enriquécese aínda máis con esta exposición que estará aberta ao público até o día 28 de setembro de 2023 na Fundación Curros Enríquez. Un motivo máis para visitar a fermosa vila de Celanova.  


     Castromao, o castro das delicias (titulo do cadro da foto Portada)


Obras de Baldomero Moreiras
Obras de Baldomero Moreiras

Duas asistentes contemplan a obra de Baldomero Moreiras
Duas asistentes contemplan a obra de Baldomero Moreiras

Cartel emblematico de Terras Gaudas
Cartel emblematico de Terras Gaudas

Un aspecto da Exposicion
Un aspecto da Exposicion

Fachada do Mosteiro de San Rosendo Celanova
Fachada do Mosteiro de San Rosendo Celanova

Ole Edwar Antonsen Group, no Claustro do Mosteiro de San Rosendo
Ole Edwar Antonsen Group, no Claustro do Mosteiro de San Rosendo

Comentarios