Paco López-Barxas participará nun relatorio o vindeiro sábado no hotel Bela Fisterra
Pepe Formoso
O relatorio, que será conducido polo tamén xornalista, profesor e experto en lingua e literatura inglesa, José Miguel A. Giráldez, a modo de conversa con Paco López-Barxas, achegará a visión nacionalista e europeísta dos integrantes dunha xeración que influíu decisivamente na evolución socio-política e cultural de Galicia durante o século XX.
Paco López-Barxas, que vén de publicar un estoxo de catro libros sobre os principais protagonistas desta xeración de vangarda, Nós arredor de nós (Teófilo Edicións, 2020), con motivo do centenario da revista do mesmo nome, lembrará, non só o significado de Nós para Galicia, en tanto que dignificación da lingua, senón que achegará a súa visión sobre o modo no que estes persoeiros incorporaron a Galicia ás perspectivas europeas e atlánticas, con especial consideración pola cultura irlandesa.
Unha presenza que Paco López-Barxas considera amplamente destacada nas páxinas da revista Nós. O que indica que a publicación estaba na vangarda da cultura europea.
Comentarios