O ruido

|

Carnicero

Sempre me chamaron a atención os contrastes que temos na vida. Se a pasada semana falabamos do silencio, hoxe trataremos de introducirnos nunha parte contraria. O ruído é, xunto coa música, a ausencia de silencio, considerando que o silenzo absoluto non existe na natureza. Poren, consideramos que chegar ao silenzo cando cumprimos uns parámetros que nós mesmos determinamos. Por exemplo, pedimos silenzo a un auditorio cando vai comezar unha conferencia, un film, un debate ou unha presentación dun libro. Pedimos silenzo para rompelo cunha interpretación musical ou unha coreografía determinada. Por tanto, o silenzo remata cando, no mellor dos casos, comeza a música; se un ruído surxe de repente, o silenzo desaparece cunha sensación estraña a modo de molestia, (lembren cando se acopla un micrófono, o ruído  característico que enxordece a un). Temos d ous elementos que mudan o silenzo e centrándonos no ruído podemos afirmar que resulta moi útil para moitas cousas.


            Chamamos a atención das persoas cando facemos un ruído para que nos atendan. Ás veces o empregamos para evitar un accidente, ou para recriminar unha acción indebida. Dos diversos ruídos habituais, incluída a contaminación acústica, non somos conscientes do dano que nos causa, pero somos capaces de convivir con eles. Cando os habitantes de grandes urbes se achegan ao medio rural, decátanse do límite acústico ao que están sometidos. Descansan e renovan forzas que nen sabían que tiñan perdido. O ruído que nos oprime pode ser o exceso de información que nos rodea. Algunhas veces, mudamos de tema para evadir algúns problemas presentes, e dese xeito os governos meten ruído con alarmas que nunca chegan a ser realidade. O problema é que cando son necesarias, como nesta pandemia, poucos acreditan de que a cousa vai en serio. É algo así como o conto do lobo, que nos contaban para visualizar as consecuencias de mentir sen límite.


            Diferenciar ruído de música é tan axiomático como subjectivo. Calquera corpo, ao percutir nel, vibra e emite un sonido froito da vibración. Si éste é desagradabel, sen ritmo nen normas, irregular e carente de concordancia cos tonos fundamentais e os seus armónicos, podemos falar de ruído. Pero pode parecernos que estamos a ouvir ruídos onde non os hai, se descoñecemos outras culturas diferentes ás nosas. Por iso podemos ser ruído para outros, cando cremos ser música. Ese coñecemento entre os pobos, as xentes, as mentalidades ou as diversas sociedades no mundo resulta fundamental para valorar aos demáis sen desprezar o noso. Agora que as nosas cidades xa non soan coma antes. Polo menos a nosa Auria. Coas rúas baleiras de tanta xente, coas facianas tapadas, o toque de queda e a ausencia dos que xa se foron. Un silenzo senlleiro chama polo ruído dos bares, polas tertulias nos viños, polos abrazos dos amigos. A tristura de pensar que estamos perdendo moitas cousas inmateriais, fai que cada día morramos un chisco, sen querer. Porque ninguén quere morrer de nada, salvo que nos decatemos que unha solución é unha  metanoia sin ceira. De que? De vivir de costas á realidade transcendente que ocultamos co ruído de sempre. No libro do profeta Amós pode mos ler: “Aparta de mí el ruido de tus cánticos, pues no escucharé siquiera la música de tus arpas”. Foron tempos malos para aquel pobo que acabou na esclavitude. Os nosos tempos non son piores, poren tampouco son doados.

Comentarios