Sorpresas esperadas

|

Carnicero

    Din que cando algo é unha sorpresa non se pode contar. Deixaría de ser sorpresa. Por iso no título de hoxe existe unha pequena contradición que ben pode chamar a nosa atención. Unha sorpresa non se espera, e se alguén a coñecese, facilmente podería ser descuberta e estragada. A sorpresa é un recurso que os mestres e profesores empregan con periodicidade cos alunos. Sempre é coma un premio ou incentivo para que os nenos ou mozos estean motivados a se esforzar por un obxectivo concreto. Existen moitos exemplos pero cada día o docente ten que deseñar unha sorpresa nova se quere manter a atención e o interés. Non podo esquecer a un dos grandes mestres que tivo esta cidade das” Burgas desfeitas”, na escola da Anexa, a D. José G. Caseiro, que cada día traía unha desas sorpresas, e que dinamizaba as clases con poemas, cantigas, frases e refráns etc. E todo isto ten moito que ver co espectáculo que estamos a observar. Vaiamos por partes.


    No periodo de confinamento desde o 14 de marzo ao 21 de xuño de 2020, houbo moita incertidume e dor polo ataque do SARS- COV- 2. A todos nos pillou por sorpresa. Poren a sorpresa esperada foi cando nos meses de verao pouco se fixo para prepararnos para o outono. Nen as Comunidades Autónomas tomaron medidas, reforzando o persoal sanitario,nen nos colexios e institutos invertiron os meses de verao nun traballo útil. Así, logo apareceron os surtos do virus e para todos foi unha sorpresa esperada. E nesas estamos sen saber ben como vai acabar todo isto.


    Mudando radicalmente de tema e centrándonos no Concello de Ourense, a sorpresa xurdiu cun Alcalde que fixo unha campaña agresiva,( aproveitando o bloqueo existente), cun partido político que foi escalando, pouco a pouco, con risos e parodias, nun canal de televisión local. O que primeiro podía ser “letal para a cidade” transformouse en “ideal”, con tal de gobernar. E a sorpresa que todos esperábamos, era que o pacto rachara en calquera momento despois das eleccións Autonómicas. E nesas seguimos.


    Non quero imaxinar ningunha outra sorpresa esperada. Normalmente feden e son difíciles de soportar, ao perder a súa esencia innata. Pero por otra parte, pensándoo ben, ( como fan os que teñen máis experiencia), os experimentos sen control poden explotarnos na faciana e deixarnos un tanto tullidos, e iso sí que sería unha sorpresa das boas. Contan que cando Edison inventou a bombilla incandescente, aconteceu de súpeto un incendio no seu laboratorio. Non quedou nada de nada, e seica lles dixo aos seus: “ ¡A que nunca habíais visto un incendio tan grande!”. Esperemos non velo na nosa ciudade, nen nos nosos montes, nen noso país. 

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.