A filosofía da existencia

|

Carnicero

             Son tantos os cambios que estamos a vivir que o conceito da existencia está a mudar de súpeto. Por iso repaso con curiosidade outras etapas históricas e non encontró cousa máis preocupante que o propio ser humano na súa imposibilidade de resolver pandemias, pestes ou plagas. E desde esta situación xurden multitude de pensamentos e filosofías que fenden as mentes desta sociedade para controlar conductas, conciencias e liberdades. Ao falar de existencialismo pensamos quase de inmendiato no danés Kierkegaard, o unas obras de Sartre, Kafka ou Albert Camus. Porén, non pretendo falar de ningún deles, senon reflexionar no tempo que temos por diante, para seguir potenciando un individualismo continxente á nosa sociabilidade existencia e innata. Cando a existencia se concibe antes da esencia e a liberdade está directamente relacionada co pensamento persoal, a sociedade ven a ser unha confluenza de individuaos creos, supostamente, de responsabilidade e emocionalmente preparados para ser libres. Como alcanzar este obxectivo?. Pois voltemos á realidade cun exemplo práctico e falemos do que en concreto nos interesa. Moito temo que agora que nos centros de ensino non podemos nen compartir unha caneta, poderíamos chegar a ser illas volcánicas que aparecen de xeito expontáneo no océano. E iso vai depender do tempo que permanezamos neste estado hostil. A nova filosofía da existencia terá que determinar se estamos todos trabucados e esa illa que xurde, estaba por descubrir e era de orixe coralino. Hai que ter isto en conta.



            Por existencia entendemos o día a día. Os medos de fazer visitas ás persoas maiores, aínda que precisen da nosa axuda, crea-nos un novo tipo de ansiedade que era pouco coñecida. Os temores de enviar aos nenos e nenas á escola, ou a imposibilidade de que xoguen xuntos nos parques, muda por completo os modelos pedagóxicos e fai que poidamos escoitar os ecos do “Emilio” de Rousseau. Todo iso está provocado pola incertidume de ser atacado por un enimigo invisível, un microorganismo que dinamita as relacións humanas e que logra en muitos casos que as depresións sexan cada vez máis comúns.


            Por outra parte todo pode ser unha oportunidade para fazer eses cambios necesarios, que o sistema nunca permitiría fazer. Estou a falar dun importante avance educativo que deixa estacionados os currículos interminaveis, e se ocupa de traballar as relacions persoais, sen abrazos, nen beixos e cunha seguridade e un protocolo para a saúde. Será esto posivel sen compartir, e co grado de individualismo que falabamos antes?. Penso que a resposta está en que os mestres e profesores dedicarán máis tempo en falar cos seus alumnos, para descubrir os seus intereses e aficións. A Xunta accedeu aos desdobles dalgúns cursos numerosos ( non foi sen tempo!), pero benvidos sexan, e con grupos pequenos, a calidade do ensino mellorará exponencialmente. Tamén as familias notarán os cambios cando os pais xoguen máis cos seus fillos, ollen os seus traballos e descubran que o materialismo que parecía imparavel, debilitaba o inxenio e producía separacións.


            Non sabemos canto tempo estaremos nesta situación, pero coa axuda das novas tecnoloxías, e conscientes da nova filosofía da existencia, podemos transformar a incomodidade e o sufrimento nunha sociedade cargada de novos proxectos de vida e xustiza. A esperanza é o último que podemos perder 

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.