O resentido

|

Carnicero

  Hai algún tempo saíu nun xornal un artigo dun amigo que escribía sobre a amizade.  Nel contaba que acababa de perder a un amigo seu por un chismoso. A amizade perdérase entre eles por envexa, e por iso dedicouse a difamalo sen límites. Hai multitude de causas polas que uns e outros senten envexa, e case sempre é por unha falta de entendemento, ao non poder conformarse co que cada un ten. A día de hoxe moitos que non teñen nada que facer envexan aos que invirten o seu tempo positivamente, pero os resentidos non poden deixar de actuar. Mentres uns crean “bulos” por internet, outros recréanse en chismes e murmuracións absurdas. E todo iso é propio dalgúns seres humanos.

   Os resentidos non poden deixar de actuar. Mentres uns crean “bulos” por internet, outros recréanse en chismes e murmuracións absurdas. E todo iso é propio dalgúns seres humanos. 

Mentres escrebo este artigo e escoito a Stravinski, lembro a que lle aconteceu na estrea do seu ballet “ Pajaro de Fuego”. As protestas do público foran tan bárbaras ao escoitar a música de Stravinski, que tivera que intervir a policía. As cadeiras voaban polo escenario. Aquelo fora un tremendo fracaso. Pero non por iso a música era ruín. Xerazóns posteriores xulgaron tan positivamente ao mesmo compositor, que a día de hoxe podemos admiralo, disfrutando das súas obras. Se alguén lles contase a anedota, e non o escoitase nunca, perdería unha experiencia única. O mesmo acontece co chismoso resentido. Se lle facemos caso, moitas veces perderemos de coñecer a persoas fabulosas que parecen distantes, pero que conservan tesouros dos que non deixamos de aprender. E para iso é fundamental ocupar o tempo da mellor forma posible.


    Quizáis agora lle demos algo máis de valor ás artes e á cultura que antes de estar confinados nas nosas moradas. É posible que o afán por enchese de diñeiro e de cousas superfluas, vaia en “di minuendo”, agora que todos somos cada vez máis parecidos ao non poder saír á rúa coma faciamos antes. Con todo, a reflexión na mente dos necios “é coma o can que volve ao seu vómito ou a porca lavada ao seu cortello a refouzase ben”, segundo din os proverbios, e moito teñen que cambiar os resentidos para chegar a mudar o seu arquetipo vital.  So unha transformación integral podería salvarlos do futuro fracaso existencial. Pero eso será tema para outro debate, ou coma decimos os galegos, “fariña doutro costado”.  Porem, creo que ao final resultará de interés agardar e ver os que se sinten identificados co resentido. Os demáis so lles quedará seguir avanzando e, sen rubor, esquecer o dito. 

Comentarios