Lembranzas no tempo

|

1507880

  Hai máis dun ano que celebramos no Liceo de Ourense un ciclo de lembranzas de persoeiros que tiveron un importante impacto na nosa cidade. Sería longo de enumeralos a todos, co risco de esquecer algúns, pero nesta altura, seguimos adiante con D. José Fernández Borrajo, presidente do Liceo, desde marzo de 1956 a xaneiro de 1959. Coa seu pulo logrou adquirir o edificio dos Oca- Sarmiento para a Sociedade; en concreto o 2 de febreiro de 1957, segundo consta na escritura de propiedade. Por outra parte existen moitos anónimos que nunca terán o seu merecido recoñecemento público. Algúns, porque as súas familias temen que as sombras prevalezan sobre as luces que hai en todas as persoas, ou en todas as familias, esquecendo que as lembranzas non son homenaxes, sendo as primeiras, sempre para ben; pois como diría Ben-Cho-Shey, "as segundas fanse de vivo ou non se fan."


            Noutros casos o anonimato ven de forma imposta. Cóntame unha familia de Bilbao, que sempre que falan cun galego lembran a súa historia. Ela comézaa e el interrúmpea, decindo que desa xa non hai volta, poren non tarda en sumarse a contar os detalles. O asunto fala da historia dun neno da Xunqueira (Moaña), que por cousas da vida acaba en Bilbao. Carlos e a súa muller acólleno na súa casa , xa que a nai do neno non se ocupaba del como debera. Pasou un tempo e a nai denuncia ao matrimonio por manter ao rapaz na súa morada; por iso, acaba custodiado polos servizos sociais. Finalmente o contacto pérdese na resignación da familia bilbaína.


            Tomo un txakolí con Carlos e a súa dona e ambos repiten a historia varias veces. “Xa terá uns 35 anos hoxe”; non o esquecen, repetindo que os galegos son grandes persoas. Estes heroes anónimos son máis numerosos do que poidamos pensar, e iso enriquece á nosa sociedade con valores positivos, os mesmos que algúns aseguran perdidos por estar tan so silenciados, esperando que alguén os saque da caverna.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.