​Parásitos

|

Rafael rodriguez vilarin o nStu 199

    Ourense, sentes asfixia, perdes o alento, con moreas de parásitos afogando o teu peito.


    Nunca acariñada, do progreso fuches mil e unha veces afastada.


    Agora deveces, minguas, sofres, choras de rabia, mentres eles -barrigas fartas- rinse das túas feridas.


    Liban teu sangue, cuspen túa dignidade, e seus dentes tinguen de negro aos soños que deberían ser de saudade.


   Non permitas que a utopía fuxa da túa mirada, aínda que eles enchan bandullos de seu e das súas amizades.


   Os de sempre, a quen de lonxe lle ven a herdanza, sotéñense sobre as nádegas trémolas, vastas e cochas da gula. Seus novos socios, ávidos de saqueo, están a saciar a avaricia coas mesmas mañas.


88321408 2973993365972667 5342373711980789760 n

   Ourense, témosche que sandar, e tamén procurar vacina. Hai que despegar rémoras, piollos, ácaros e samesugas que secan venas, arterias e capilares, baleirando de vida as rúas.


    Uns e outros queren seguir aniñando seus ovos, infectando a provincia e a cidade, pois só parasitando son quen de formar parte da sociedade.


    É unha cuestión de supervivencia: ou eles, ou a nosa terra. Apliquemos o remedio, cambiemos de realidade, ou ata os mesmos parásitos quedarán sen corpo no que deixar a súa mancadela.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.