Nomeando á biblioteca de Ourense

|

  

Carnicero

          Nunca é mala idea preguntar, mediante un concurso de ideias cal é a opinión dos cidadans, neste caso, sobre o nome que debe levar a nova Biblioteca de Ourense, ubicada en San Francisco. Dentro das iniciativas destacan algunhas, polas efemérides ( NÓS cumple 100 anos), e outras apostan pola posta en valor dos menos coñecidos. É por iso que me chama a atención que se lle queira dedicar a Antonio Tovar Bobillo. Este escritor e poeta naceu en Pereira de Rairiz de Veiga. Segundo a súa testemuña, a súa militancia no Partido Comunista entre 1967 a 1978 foi na clandestinidade, e as xuntanzas facíanas na libraría Tanco. Conta no libro de conversas con X.M del Caño que sempre estivo moi interesado polo feito relixioso. Iso levouno a que nos anos 50 consulte a un amigo xesuíta, de si debía ir a misa ou non. A resposta fai que durante algún tempo visite a capela protestante da Avenida de Portugal. Antonio Tovar tíñalle medo ao inferno e cando falan dise tema na capela protestante, non volve  a asistir, a pesar de que lle gustaba a lectura da Biblia, segundo as súas palabras.


            Entrando un pouco en materia, o esquecemento deste autor ven pola súa ideoloxía. Marcos Valcárcel dí desde a sua perspectiva como historiador e crítico literario que “é unha das voces máis poderosas e auténticas da poesía galega de posguerra… a valoración da súa obra non foi a máis axeitada” . Por outra parte, Agustín Perianes é o que fixo posible de que Tovar concretase a doazon da súa biblioteca privada á Biblioteca Pública. E sen cobrar. Abondan as pseudo-doazons nas que despois os organismos públicos acaban pagando por ellas. Menudas doazóns!. Iso noutro tempo, nos pobos chamábase “a vaquiña polo que vale”. Pero ese é outro tema. Antonio (como prefería que lle chamasen) era xeneroso. Non quería que os seus libros remataran esquecidos en caixas nunha entidade e elexíu a Biblioteca  Pública para ofrecelos a toda a cidade.


            Estos son argumentos sólidos para esta candidatura. Coñecer e recoñecer a figura e a obra dun autor ourensano pode comezar dedicándoselle o nome á Biblioteca. O poeta Eduardo González Ananín afirma que “é un poeta esencial da nosa literatura”. Tamén é un dos candidatos ás Letras Galegas 2021. Desde logo é unha candidatura a ter en conta, pero o importante é que cada un vote en liberdade. Para unha vez que nos preguntan?.

Comentarios