I Xornadas de Historia e Literatura da Vila de Monterrei, Ourense

|

1507880

   Facer historia non é o mesmo que escrebela. Os condicionantes sociais, personales e os acontecementos paralelos, fan que a realidade sexa contemplada cunha perspectiva distinta segundo sexan os espectadores. Neste sentido os ponentes que participaron nas I Xornadas de Historia da Vila de Monterrei, moderadas por o polifacético editor e Director de Vinos y Caminos Antón Alonso, deron unha interesante visión dos feitos que de seguido comentaremos. Baixo un amplo desplegue arqueolóxico Adolfo Fdez e o seu equipo falou das escavacións da Cerca- Muro do Val do Búbal, explicando a facilidade de estudo que proporcionan os drons. A visión desde o ar mostra moitos elementos que antes podían pasar sen ser considerados.


    Pola súa banda, o profesor Alonso Estraviz falou do futuro da lingua galega, que asemellou ao portugués. Con xogos, adiviñas e textos, literarios abriu un debate sobre a grafía da nosa lingua. Autor de varios libros e escritos os que se refiriu de pasada, na sua ponencia e repartiu entre os asistentes. Autor dun dicionario on line com máis de 140.000 entradas, sobre o que comentou diferentes e difernciados aspectos recollidos, o profesor ten a certeza de pronto acadar as 150.000.


     Alfredo Conde, escritor e poeta falou da necesidade da novela histórica. Nesa imaxinación dos diálogos entre personaxes da historia, está a realidade social do momento. Algúns historiadores contan un pedazo de historia de forma tanxencialmente distinta a outros colegas. Alfredo foi relatando a trama de moitas das súas novelas e o proceso creativo baseado en datos e fontes históricas, citando varios exemplos, afirmando si, que moitas veces a realidade supera a historia imaxinda.


     María Teresa Moure tamén botou mau das súas novelas e escritos para explicar que a sociedade ocultou e oculta o traballo silencioso, e por outra parte fundamental, das mulleres en diversos campos científicos. Nun discurso nada agresivo e mesmo conciliador, comezou coa frase  “o amor supera todos os conflictos” e deixou constancia durante o desenrolo da sua ponencia, da sua ganada fama de “a mulher das palabras” . 


   As Xornadas que contaron co patrocinio dos  concellos de Cualedro e Monterrei, clausuráronse o mesmo día às 21:00 h. Contaron coa presencia do Alcalde de Monterrei, e co excelente organización de Rafael Castro.


I Xornadas 746bcf27 f75d 4a9e 8c88 da4b552f4091 (1)

(De izq. a dcha.) Alfredo Conde, Jose Luis Fernandez, Teresa Moure, Isacc Alonso Estraviz y Antón Alonso

Comentarios