Premios da Crítica de Galicia 2019

|

2679811

    Unha mañá de chuvia coma a do reflexivo sábado día 9, de novembro, non impediu que o salón de actos do Centro Social de Afundación, en Vigo, se enchera até a bandeira. Tiven a oportunidade de asistir xunto, con Antón Alonso, Director de esta revista, Vinos y Caminos e outros grandes amigos, onde pudemos comprobar o grandísimo poder de convocatoria  que teñen "Os Premios da Crítica de Galicia",  e unha cita inexquecivel para encontrarse con persoas do "Mundo da Cultura" chegadas de moitos recunchos, pobos e cidades de Galicia, e alem de ela.


    Este ano Os Premios da Crítica de Galicia, mudaron de lugar e de formato. Esto supón un acerto para os organizadores que levan 42 anos renovándose e potenciando a cultura da nosa terra. Este  xa é un dos obxectivos conseguidos coa convocatoria destes premios.


        Baixo o lema elexido polos organizadores  “Teñamos o valor de darnos o futuro” do poeta Manuel A. Torneiro, quedou moi claro que a Terra e a Fala faise coa xente, cos artistas, científicos, poetas e escritores, expertos en gastronomía e con todo o potencial humano que ten este país galego


     Tanto Bieito Ledo coma Antón Pulidopresidente e vicepresidente, respetivamente, da Asociación Premios da Crítica Galicia, non pretenden complicarse a vida nun escenario político incerto, complexo, inestabel e devorador. Eles son dúas fontes inagotábeis de xenerosidade e exemplo de traballo ben feito. Detrás, ou a carón deles, todo un elenco de 26 membros que completan a Xunta Directiva da nomeada “Asociación de Premios Crítica de Galicia” para os que van os meus parabéns por lograr manter estes 42 anos de existencia.Premios da critica 1546

Cartel onde se pode apreciar a inconfundible paleta do mestre Antón Pulido


     Entrando en materia pódolles dicer que o acto comenzou co intervención de Bieito Ledo, que foi o encargado de abrir o acto saudando os asistentes e lembrando a trayectoria dos premios, que discurriu nun ambiente de concordia, orde e moita emoción. Non faltou a boa música do curioso Cuarteto Caramuxo. A singularidade deste grupo ven de seu, polas pezas que interpretan con maestría e os arranxos concebidos desde a música galega. Tamén nos enche de curiosidade que son un cuarteto formado por seis músicos. Dous clarinetes, un acordeón diatónico, un clarinete contrabaixo, un clarinete baixo e percusión de caixa e prato, que foron o fío conductor de cada apartado da escaleta prevista. Por outra parte, os tempos dedicados aos discursos dos premiados foron breves e non resultaron pesados. Tamén houbo un bo equilibrio entre os homes e as mulleres galardonadas, recoñecendo no caso delas, que a súa visualización social non deberá ser eclipsada por ninguén. Desta forma, os 8 xurados formados por sete membros cada un, cumpliron o seu difícil cometido de decidir entre tantos candidatos de prestixio, e xustificaron en cada caso o motivo que lles levou a decidirse polos premiados, por unanimidade. 


Cuarteto graramuxo IMG 5874

Cuarteto Caramuxo, durante a sua participación nos Premios da Crítica Galicia 2019


    Finalmente houbo unha degustación de productos galegos, onde os asistentes tivemos oportunidade de saudarnos, falar, sacar fotos e selfies e sobre todo conversar. Cada detalle estaba coidado e as botellas de viño tiñan un poema do querido Manuel María.


     Ao día seguinte souben que houbo diversas opinións sobre o fermoso acto do que lles estou a falar. Pode ser que algún falase de ouvidas, do que lle contaron, ou que non teña liberdade para escreber sen prexuicios o que se alí se viviu. Quen sabe?. Só sei que o Alcalde de Vigo, Abel Caballero, fechou o acto cun discurso entrañabel que agradou aos asistentes, mantendo a solemnidade que reinou desde o comezo da entrega dos premios. Só tiven pena de non poder dicerlle que viñese para Ourense, pois  gostaríanos ter un Alcalde que atendera aos vecinos, á cultura e á mellora da cidade, xa que o que nos tocou so pensa en “rañar o ceo” cun edificio. Xa me entenden. E pensándoo ben, quizáis fose mellor así, pasar sen lle dicer nada, para que fique no noso maxín un sábado entre novos e vellos amigos que traballan para que o noso país non baixe nunca do máis alto conceito de excelencia, coherencia e humildade. 

Comentarios