e destinará os donativos recadados á ONG Cáritas de Ourense

Cata a arte” harmonizará os viños do Ribeiro con accións culturais no “Marcos Valcárcel”

|

  • A sexta edición do ciclo “Cata a arte” harmonizará, un ano máis, os viños do Ribeiro con accións culturais no centro cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense, tódolos xoves do mes de novembro. 


    A presentación desta nova edición tivo lugar hoxe no centro cultural, acto no que participou o vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Armando Ojea; o presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares; e do equipo de coordinación de Programas de Cáritas, Mari Carmen Alonso.


Cata e arte b397d7f7 04f0 474c 8fcc f3a2541fe778

(De izq..dcha) Juan Manuel Casares, Armando Ojea y Mari Carmen Alonso, durante a presentación

    

    O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense destacou o “carácter solidario” desta iniciativa gratuíta na que os asistentes poderán realizar donativos anónimos que se destinarán integramente á ONG Cáritas de Ourense. Neste sentido, Mari Carmen Alonso agradeceu que se destine o recadado a Cáritas de Ourense e animou a outras entidades “a sumarse a este compromiso social”.


    “Cata a arte” é un evento “firmemente asentado que consiste na maridaxe entre tres artes: as exposicións do centro cultural, o desfrute do viño e outras actividades culturais como música, monólogos ou poesía”, explicou Armando Ojea. Nesta sexta edición, catro adegas “que representan a esencia do Ribeiro e amosarán aos participantes unha idea da calidade e do traballo da nosa Denominación de Orixe”, dixo Juan Manuel Casares, presentarán os seus viños os xoves 7, 14, 21 e 28 de novembro, ás 20:00 horas, nun ambiente no que ás exposicións do centro cultural hai que engadirlles diferentes actuacións.


Cata e arte 67b00650 4cbc 4e84 a9dd cb2b86b7a4bd


>>>> Programa de actividades do ciclo:


  • Comezará o primeiro xoves 7 de Novembro, con poesía da man de Armando González, Pepa Álvarez e Benito Eladio Rodríguez e acompañados polo viño da "Adega Arco da Vella a Adega de Eladio".


  • Ao xoves seguinte, 14 de novembro, será a quenda para os viños da "Adega Catro Parroquias" acompañados por un monólogo a cargo de Alberte Montes. 


  • O 21 de novembro chegará a música da man da banda Os Forasteiros para acompañar os viños da "Adega Alberte".


  • O último xoves do mes, 28 de novembro, presentarán os seus viños a "Bodega Alanís"  acompañados pola música de 4Mal Quartet Jazz. 


>>>> As catas serán gratuítas pero os asistentes terán a posibilidade de realizar donativos que, nesta edición, irán destinados á ONG Cáritas de Ourense. 


Comentarios