Apecsa inaugurou no Cebreiro a primeira parada da mostra Camiño ComPostal

|

A  Exposición  Camiño  ComPostal,  organizada  pola  Asociación  de  Periodistas  e  Estudosos do Camiño de Santiago  (APECSA), abriu esta mañá na palloza de Quico do  Cebreiro  primeira das 12 localizacións ao longo do Camiño Francés que percorrerá esta mostra de 110 postais históricas. Os alcaldes de Triacastela e Pedrafita;  a  xefa  da  Área  de  Turismo  da  Xunta  en  Lugo;  e  a  directora  do  Castro  de  Viladonga,  ademais  de  expertos  e  amigos  do  Camiño,  asistiron  á  inauguración  da  mostra,  que  conta co apoio da Xunta a través do programa O teu Xacobeo. 


Inauguraciu00f3n ComPostal no Cebreiro

Asistentes a inauguración


 O  xornalista  e  reporteiro  gráfico  José Manuel  Salgado  é  o  comisario  da mostra,  que ofrece unha visión diferente e nova sobre a gran  ruta europea, vista con outros ollos,  cos  daqueles  que  imprimían  e  enviaban,  hai  un  século,  dende  calquera  punto  de Europa, unha humilde carta ou cartón postal aos seu familiares e amigos. A postal foi  un medio  de  comunicación  persoal e  comercial  relevante,  comparable a importancia  que teñen na actualidade as redes sociais.  Durante  o  acto,  o  presidente  de  APECSA,  Xosé  Mª  García  Palmeiro,  agradeceu  a colaboración ás institucións que cooperan na mostra, “nomeadamente o Xacobeo”, e  remarcou  que  Camiño  ComPostal  permite  “viaxar  máis  dun  século  no  tempo,  a  ese momento no que o peso da imaxe comezou a facerse patente e nos trouxo á profusión gráfica actual, multiplicada exponencialmente co fenómeno dos selfies”.


Peregrino 1

Postal do Peregrino


O  alcalde  de  Pedrafita,  José  Luís  Raposo,  destacou  pola  súa  banda  “a  importancia  destes  eventos  nun  lugar  emblemático  do  Camiño  coma  O  Cebreiro”e  recordou  o  papel  do  antigo  párroco  local,  Elías  Valiña,  como  un  dos  promotores  do  moderno fenómeno xacobeo. Mentres Paloma Vazquez xefa da Área de Turismo da Xunta en  Lugo,  agredeceu  a  APECSA  “a  súa  contribución  nun  momento  no  que  se  está  a preparar o Xacobeo 2021, que vai ser tan importante para Galicia”.      


Santiago Vista general

Vista xeneral de Santiago


A  exposición  coincide  co  150  aniversario  do  envío  da  primeira  tarxeta  deste  tipo.  Camiño  ComPostal estará  presente  ata  o  próximo mes  de marzo  nos  doce  concellos  galegos  do  Camiño  Francés,  seguindo  o  Camiño: 


  • Pedrafita  (8  a  19  de  outubro);
  • Monterroso (23 de outubro a 2 de novembro); 
  • Triacastela (6 a 16 de novembro); 
  • Palas  de  Rei  (20  a  30  de  novembro);  
  • Samos  (4  a  14  de  decembro);  
  • O  Pino  (18  a  28  de  decembro);  
  • Sarria  (31  de  decembro  a  11  de  xaneiro);  
  • Arzúa  (15  a  25  de  xaneiro);  
  • Paradela (29 de xaneiro a 7 de febreiro); 
  • Melide (12 a 22 de febreiro); 
  • Portomarín (26  de febreiro a 7 de marzo); 
  • Santiago de Compostela (11 a 21 de marzo).


Comentarios