O alcalde de Ourense implanta o control horario para os traballadores municipais

|

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinou esta mañá unha providencia para levar a cabo o control horario efectivo dos traballadores municipais. Así, os traballadores públicos deberán asinar tanto á entrada como á saída da súa xornada laboral, especificando a hora concreta na que se realiza, en cada caso.


A sinatura levarase a cabo nunha folla de rexistro en cada dependencia dos servizos municipais, para o que servirá de modelo un documento que lles será remitido desde a xefatura de Recursos Humanos. Cada xefe de servizo establecerá, en cada dependencia ou unidade de traballo, unha persoa responsable de xestionar os respectivos documentos que conteñan a sinatura dos empregados.

190618 Prov (1)



Comentarios