A esperanza do comercio local: Pazo do Xamón

|

Paxo do Xamu00f3n IMG 20181123 191001


Sempre considerei que os comerciantes das cidades eran persoas que transformaban a sociedade local e xeneraban riqueza ás relacións persoais. Porén a percepción xeral, seica vai por outros camiños. Á mentalidade individual que aposta por crear postos de traballo e ofrecer aos clientes unha atención persoalizada e até puntos de encontro onde potenciar as relacións humanas, está ameazada pola deriva global de buscar o presente inmediato máis económico. E iso non sempre ten que significar que sexa o máis barato.


Aínda que os tempos muden, e as sociedades sexan cada vez máis individualistas, o comercio local sigue loitando contra as políticas que viven de costas á realidade. Estou a falar dos Top manta, que desafían nas rúas aos coitados autónomos, que cotizan con carácter obrigatorio cada mes. Por outra parte están algunhas multinacionales que florecen cada pouco con campañas agresivas. Logo que chegan ao mercado de traballo, suben os prezos e o comercio local desaparecido xa non logra recuperarse. Tamén lembro ás tendas de ultramarinos nos barrios, que as poucas que sobreviven é grazas á excelente calidade dos seu produtos e á xenerosidade dos seus ropietarios. Non é certo que un comerciante esté só para gañar diñeiro, senon que xenera primeiro riqueza, fomenta as relacións entre os veciños e renova o mercado de traballo do sector. E todos temos na mente algúns comercios que foron un referente en nós.


Este é o caso do Pazo do Xamón nas Estivadas (Ourense). O seu dono xubilado, deixou todo nas máns da súa filla Alba, que me fala da importancia de ser “referente raiana” entre a Galiza e Portugal. Por tanto, o comercio inanimado do internet, nada ten que ver cos valores da amizade, de compartir cos demáis ou de atender ás necesidades básicas dos individuos que constitúen tal sociedade. O carácter internacional do comercio ou a vida comercial, nunca tivo tantos riscos como até hoxe. A riqueza de interactuar con outras persoas confúndese con contactar e recibir un paquete en condicións óptimas. Alba loita por voltar ás longas conversas entre cliente e comerciante, ao asesoramento para mercar ben cuns márxenes de ganancia honesta, e a non gastar por gastar, que dicían nas aldeas e agora chaman “mercar compulsivamente”. Penso que con este gran pequeno comercio como exemplo todos temos as de gañar. Vender co corazón no é outra cousa que servir aos demáis. Deso saben no Pazo do Xamón e moitos outros siguen e seguirán o seu exemplo de sempre. 

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.