Arrinca a semana grande do Entroido de Verín co Xoves de Comadres

|

O xoves, 28 de febreiro, arrinca a semana grande do Entroido de Verín co tradicional Xoves de Comadres.


180209 NOITE DE COMADRES 2018IMG 2411 2


Pola mañá, a partir das 11:45 horas, os nenos e nenas das Garderías Pinocho e a Asociación Tres Reinos de A Mezquita; as casas niño de Monterrei, Cualedro e Castrelo do Val; os CEIPs Amaro Refojo, Princesa de España, Castrelo do Val, Rodolfo Núñez de Vilardevós, Vendas da Barreira, Augusto Assia da Mezquita, Medeiros, Colexio Rural Agrupado Monterrei, Colexio María Inmaculada e da iniciativa Kero Kolo, percorrerán as rúas máis céntricas de Verín no Desfile Infantil de Entroido. Do mesmo xeito que o ano pasado, o desfile comezará no entroncamento de Canella Cega coa rúa Cabreiroá e seguirá polas rúas Deputación, Luís Espada e Lisa, para finalizar nas Prazas Maior e Maior. Nesta ocasión o desfile contará coa música da Banda de Gaitas do Concello de Verín e das charangas Támega, Vakapinta, Mil9, A Chicoria, Terra de Trives e Alambique.


E pola noite, mandan as mulleres. Tras as tradicionais ceas das comadres nos restaurantes da vila, amenizadas polas charangas Támega, Vakapinta, Mil9, Europa e Terra de Trives, as mulleres dirixiranse á Casa de Escudo, no barrio de San Lázaro, onde, sobre a 00:30, partirá a procesión.


180209 NOITE DE COMADRES 2018IMG 2264 2


A partir das 00:00 na Praza Maior estarán animando xa as Discomóbiles Enjoy e Gramola. En San Lázaro, a Raíña do Entroido recibirá a comitiva encabezada por Don Carnal que descenderá polo camiño Real e dirixiranse a Praza Maior onde tras o saúdo da Don Carnal e a Raíña a festa continuará na Praza Maior coa Orquestra Marbella.

Comentarios