Trinta persoas participaron na Camiñada de Tui coa que APECSA celebrou 25 anos do Xacobeo 93

|

A fortaleza de Valença, o casco histórico de Tui e os arredoresdesta vila acolleron hoxe a segunda das Camiñadas organizadas pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), como conmemoración do 25 aniversario do Xacobeo 93, que puxo a Ruta Xacobea de novo no panorama internacional.


7 1476

Os participantes percorreron unha ruta de sete quilómetros coñecendo tramos históricos do Camiño Portugués, partindo da fortaleza portuguesa e entrando en Galicia pola Ponte Internacional.


Unhas trinta persoas participaron na iniciativa. A metade de percorrido, os camiñantes foron recibidos polo alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, no centro da vila. 


Tamén participaron na andaina Rafael Sánchez Bargiela, xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo; Celestino Lores, presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués; o presidente de APECSA, Xosé María García Palmeiro; e o vicepresidente desta agrupación de xornalistas e amantes da Ruta Xacobea, Luís Celeiro.


Victoria A. Fernández, da coorganizadora Asociación Iacobus Cofradía de Santiago de Tui e Baixo Miño, foi a encargada de explicar o significado cultural e artístico dos lugares visitados, entre eles o túnel das Encerradas, San Domingos e San Bartolomeu, a Catedral, a Ponte da Veiga e a Virxe do Camiño. Desde alí un bus levou aos camiñantes a Orbenlle para pasear e reivindicar o Camiño Natural. Finalizada a Camiñada, houbo un xantar‐conversa en Cerquido.


Esta foi a segunda de nove Camiñadas coas que APECSA celebra os 25 anos do decisivo Xacobeo 93 e da declaración das Rutas Xacobeas como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.


1 1520


A Xunta de Galicia apoia estes “Días de Andar”, que proseguirán visitando tramos dos Camiños de Santiago


  • CALENDARIO DAS CAMIÑADAS PREVISTAS


Mes de Octubre

  1. Salida el día 20 en la ciudad de Lugo
  2. Salida el día 27 en la localidad ourensana de A Rúa


Mes de Noviembre

  1. El sábado 3 de noviembre será el turno de Sarria y Portomarín
  2. El día 10, la caminata tendrá lugar en Cesures y Padrón
  3. El día 17 de noviembre será en Fisterra
  4. El día 24 en Chantada


Mes de Diciembre


El ciclo de rutas rematará el 1 de diciembre con una salida en la ciudad de A Coruña.


Comentarios