A Gala do Turismo e Gastronomía Galega

|

  • Non hai moitas semanas falabamos dos camiños gastronómicos no Carballiño. E, con motivo da gala de Turismo e gastronomía, organizado pola revista HG&T e coa colaboración do Concello e o Inorde, seguimos a falar da Vila do Arenteiro. 


GUILLERMO E MESA DE HONRA baja 2 (1)

Guillermo Campos, director-fundador de HG&T, durante a sua alocución


Nesta ocasión, pasado un lustro da última gala e pasados varios anos de avaliacións, chega o tempo dos premios, agasallos e recoñecementos. Así, no Auditorio multifuncional do Carballiño, o martes 21 de marzo, tivo lugar o esperado evento, que superou a máis optimista das previsións. Hai que destacar a gran variedade de productos e unha organización de excelencia. Do mesmo xeito, os medios de comunicación de toda a Comunidade Autónoma, deron a coñecer o evento. Quizáis para outra ocasión non estaría de máis que a gala estivese chea de música en directo, humor, poesía ou imitacións que amenicen a entrega de diplomas e recoñecementos.


PREMIOS GRUPO 2  1569

Foto de familia dos premiados


A gastronomía tamén forma parte do patrimonio cultural galego. Unha parte fundamental da idiosincrasia que debe ser valorado e potenciado. Os caldos galegos son un referente para o turismo, que tamén recibiu premios importantes e que xunto coas augas quentes, supón un recurso aínda por explotar e explorar.


Carballiño é terra de bo comer, e con independencia dos galardoados, todos e cada un dos participantes poden sentirse gañadores, pola calidade que esixen a cada un dos seus produtos. 


O Alcalde da vila falou, como bo anfitrión, agradeceu a todos os asistentes a súa visita e o apostar polo Carballiño como lugar estratéxico para este evento. Deste modo rematou a primeira parte. Despois uns viños e moito que compartir entre profisionais e amigos da terra.


PREMIOS IZQ baja

Afluencia maxiva de persoas relaccionadas co Turismo e Gastronomía, o Auditorio de Carballiño, en Ourense, a foto mostra o segumiento do acto, por parte do alcalde  Francisco Fumega (inferior-dereita)


Unha tarde femosa no inicio da primavera na Vila do Arenteiro. Punto de encontro e cruce de camiños de arrieiros.

Comentarios