No dia de hoxe vou falar dun libro que, Deus mediante, apresentaremos no Liceo de Ourense o día 27 de novembro de 2025. Neste espazo preservado dos ruídos mediáticos e templo da cultura galega, o debate teolóxico está servido en bandexa de excelencia, cun alto grado de valentía. Nesta primeira edición en castellano, o autor, Jaime Fernández Garrido, emprega a curiosa metáfora: “El techo de cristal”. Estou convencido de que vai ser un título imprescindible para moitas xerazóns e un punto de partida para moitos debates no marco do retorno aos textos bíblicos.
“El techo de cristal” é un deses libros que enganchan. Que non podes deixar de ler. Nun estilo que poderíamos definir como pseudoensaio pastoral, está cheo de denuncias ante o fracaso errático relixioso, que deixa a Deus na porta das igrexas batendo na porta para poder pasar. Pero estas denuncias son berros de impotencia ante situacións reales que só Deus pode reconducir. É por iso que o autor, como bo pedagogo e viaxeiro incansable, emprega os recursos das súas vivencias, incluíndo os erros que humildemente asume, e o recurso de Lutero no s XVI formulando 99 teses. Non pretende ser o Lutero destes últimos tempos, porén di o que todos sabemos que ocorre e ninguén sabe expresar sen chegar a abrir fondas feridas. Avanzando no fuso, as teses 51, 53 e 55 son dignas de mención, porque defenden sen pegas a división Igrexa- Estado, reivindican a importancia da oración e afirma con rotundidade que o Espíritu de Deus é quen transforma as persoas. Non chega con que te aceiten nunca igrexa, e a iso chámalle “cristianismo aparente”.
Noutra hora outros escritores fomos censurados en artigos por dizer o mesmo, e citar figuras intocables como John F. MacArthur e a súa organización Grace Commnunity Church, que goza de moitas virtudes pero que non está aberta a outras interpretacións, aínda que sexan claramente complementarias. As actitudes totalitaristas nas que abunda Jaime Fernández no seu libro, fai que formule frases como: “ La religiosidad acaba matando el Evangelio; nos aparta de Dios, nos conduce al integrismo evangélico, perdemos los valores y nos lleva a una doble vida distanciándonos de las personas” Deste modo case podemos resumir algúns dos capítulos centrais do libro.
Baseándose no 1º libro de Samuel, o autor do libro denuncia que as tradicións e os ídolos actuales ( as nosas interpretacións das Escrituras segundo nos convén), son a día de hoxe máis importantes que a propia Biblia. Un pastor ou un líder nunca pode ter autoridade para gobernar a vida de ninguén. Pode ser que as persoas se deixen gobernar por comodidade, incluso den dinero porque llo piden, pero iso non é o que podemos ler na Palabra de Deus. Por outra parte, topamos referencias a outros autores como Tozer, cando afirma: “Un hereje es el que elige los versículos de la Biblia en los que quiere creer” ao que Jaime engade “el pecado imperdonable en las iglesias es la insubordinación al líder”. Os capítulos están cheos de experiencias persoales e familiares. Un estilo particular que se repite case sempre en todas as súas publicación e que remata cunhas oracións abertas, a modo de epílogo por capítulo, resultando un exercicio moi importante para a reflexión.
Todo o libro podería resumirse nunha simple frase: Se non te entusiasmas cun Deus de amor que deu todo por ti, e deixas que dirixa a túa vida, as relixións lograrán afastarte máis del. Un libro que non podes deixar de ler.
————————————————————————————————————
Datos do autor
JAIME FERNÁNDEZ GARRIDO
Doctor en Pedagogía por la Universidad Complutense de Madrid.
Diplomado en Teología
Compositor musical y profesor de piano.
Director del programa evangélico en Radio y Televisión de Galicia “Nacer de novo;
Presidente de la Asociación mundial de Orfanatos (AMOR) desde elaño 1997
Capellán evangélico en cuatro diferentes Olimpiadas (Seoul 88, Barcelona 92, Atlanta 96 y Sydney 2000)
Presidente del congreso evangélico de jóvenes “Conexión 2003”
Canal de YouTube: Jaime Fernández Garrido, con casi 40.000 suscripciones y más de cinco millones de visitas.
Único gallego en tener un canal propio en Roku tv en todo el mundo: “Atrévete a vivir”
Autor libros traducidos a diez lenguas diferentes: Cambia de ritmo, “Compasión” ;Atrévete a vivir ;30 pasos hacia la amistad; Corazón indestructible; “La religión como enemiga de la fe”; “Sin límites” ;“Un año de película”; “Besar la vida” o “Detrás de cada puerta”
Comentarios