A Fundación Carlos Velo presentou, “Imaxes para unha película”, no Liceo de Ourense

|


Fundaciu00f3n Carlos Velo Liceo

(de izq.-dcha.) Laura Gardos Velo, Carmen Leyte Coello e Antonio Piñeiro Feijoo

“Imaxes para unha película

     No transcurso de unha rolda de prensa celebrada esta mañá no Liceo de Ourense, diron a coñecer a publicación “Imaxes para unha película”, unha peza literaria singular imaxinada por Carlos Velo no seu momento coa intención de ser bosquexo para un futuro guión cinematográfico e que Velo acabou publicando na revista Vieiros que codirixía xunto con outros dous ourensáns, Luís Soto e Florencio Delgado Gurriarán no marco do “Padroado da Cultura Galega” que os tres tamén codirixían no México dos anos 50/60.


IMG 1775, libro

     A orixe deste texto localízase na revista Vieiros, a publicación coa que tanto se implicara no seu exilio mexicano e onde sempre tentou ofrecer a súa creatividade. Mesmo para establecer por medio dela un enlace coas novas xeracións que baixo o franquismo tentaban abrir vangardistas camiños artísticos, literarios e tamén cinematográficos.


      Agora, ó coidado editor dun gran coñecedor da obra literaria e da figura cinéfila de Carlos Velo, como é Xosé Enrique Acuña, preséntase unha renovada versión do traballo de Velo, que se presenta en galego e castelán e desde a que se introduce e se insiste naquel mundo tradicional galego que Carlos Velo se empeñaba en manter vivo na súa memoria.


     A obra complétase cunhas fermosas ilustracións de Cristina Villaverde Ruibal, quen, nelas, reflexiona sobre a cartelística histórica de diferentes filmes clásicos que o director galego puido ter admirado tanto no seu Madrid republicano como, durante décadas, nos tan ben programados cinemas da capital mexicana.


Comentarios