A política forestal en Galicia é trasnoitada e casposa. Ven herdada dende os tempos do sanguinario dictador e ninguén fixo nada por cambiala ata o de agora, máis ben todo o contrario. Os iluminados fálannos de incendios 4.0 e outras gilipolleces propias de ecoloxistas de salón, eses que se enchen a boca de palabrerías cando falan de compostalaxe, economía circular, produto de quilómetro 0… conceptos para eles teóricos pero mamados polos nosos avós.
Os incendios son froito desa caposa política foresral
Os incendios son froito desa caposa política foresral, con montes apestados de eucaliptos promovidos por Ence e que proliferarán máis nun futuro próximo cando Altri se instale (agardemos que non) en Palas de Rei e firme a sentenza de norte da ría de Arousa, xa na UCI, e de toda a Ulloa.
Nese intre artellarán estratexias de comunicación instándonos a plantalos ata o salón da casa e ter a man as follas para os vaos que combatan os arrefiados. Non digo cero eucaliptos, falo de planificación forestal.
Eucaliptos ata na sopa por unha banda e montes convertidos en matorral e improdutivos por outra. Así nos vai. E a única solución que chega dende as institucións con responsabilidade na materia –e dame igual quen goberne- é a escandalosa inversión en extinción dos lumes. Negocio puro e duro, cazo por aquí, cazó por alá; logo reforestación, e máis cazo, que máis que cazo xa é en tarteira.
Os montes teñen que xerar riqueza
Os montes teñen que xerar riqueza, e potencial temos para que así sexa; e se xeneran riqueza xa moveremos o cú para telos limpos. Con montes limpos non habería incendios, ou se os houbese non serían dañinos; ao contrario, rexenarían pasto; pero claro, así perderíase o “tarteirazo” e algún perdería capacidade para sufragar os gastos das “damas de compañía”, poñamos por caso.
E cómo se ten os montes limpos. Con animales, vacas, cabras… pastando en extensivo, e aproveitando a gran riqueza micolóxica que temos no país, unha fonte de ingresos totalmente desaproveitada que nos brida a natureza a cambio de que os teñamos limpos, reforestados con árbores autóctonos, creando así os micotopos axeitados.
Montes limpos con gasto case cero, ou mínimo, e riqueza gandeira e micolóxica, libres de incendios 4.0 (que risa me da cando escoito esa ridícula catalogación). Eis un exemplo de converter a prevención en riqueza.
Claro que nos dirán que o gando peidea e contamina por emisión de C02. Máis peidean jets privados –deixemos a un lado os comerciais- dos magnates que apestan o ceo de porquería; ou as guerras que estamos a vivir… pero claro, ao igual que os incendios, xeneran negocio e onde hai negocio hai cazo. Xa se sabe.
Falaba no primeiro párrafo desta reflexión –acertada ou trabucada pero é a miña- do tan cacarexado produto de quilómetro cero. Achégolles unha vivenza persoal: A comezos do verán do pasado ano 2023 fixemos unha viaxe de fin de semana dende as Rías Baixas ata a bisbarra de Ortegal. No tramo dende Ferrol ata Mañón –o anterior foi por autoestrada- non miramos a carón da carretera nacional unha sola horta. Ulo o produto de quilómetro cero?
Comentarios