Roberto Verino acolle a mostra Ofrenda de Ángel Soldevilla e Luis Vecino

|


  • Do 4 de marzo ao 4 de maio pode visitarse a exposición no "Espacio de Arte" de Roberto Verino da planta baixa da tenda da Rúa do Paseo en Ourense



     Ángel Soldevilla e Luis Vecino fixeron a súa Ofrenda á nova realidade que temos ás portas no Espazo de Arte de Roberto Verino na Rúa do Paseo en Ourense.

  

Soldevilla vecino 02

 (de izq.-dcha.) Luís Vecino, Roberto Verino y Ángel Soldevilla 


     Unha mostra que se inaugurou coa presencia dos autores e do propio Roberto Verino este luns 4 de marzo e que sorprende incluso dende a súa folla de sala, na que explicitan que o texto está correxido gramaticalmente por GPT4.


Captura de pantalla 2024 03 06 022502


     Os autores din ao respecto do que alí se poderá atopar: <<Mentres nos enfrontamos ao consumo de microplásticos e observamos conflitos civilizados en rigoroso directo, atopámonos rodeados de novos xoguetes. Por unha banda, a intelixencia artificial xenerativa, representada por DALL-E 3, ten a capacidade de crear novas imaxes a partir de frases en linguaxe natural ou prompts do usuario. Esta tecnoloxía utiliza datos extraídos do adestramento con imaxes almacenadas nos servidores de OpenAI. Doutra banda, Telepathy, unha forma de comunicación mente-máquina, lógrase mediante a inserción dun chip inalámbrico no cerebro humano, unha investigación levada a cabo por Neuralink>>.


Captura de pantalla 2024 03 06 023334


      Estes avances condúcennos cara a un futuro no que nos atoparemos ao limiar dun cambio de paradigma. A hibridación da edición xenética e a intelixencia artificial xeneral será de tal magnitude que dará forma a unha nova orde eugenésico. Con todo, somos esa sociedade empeñada en cometer unha e outra vez o mesmo erro milenario ao que chamamos civilización.


    Esta exposición é un tributo para aqueles que desexen contemplala. Para os demais, o mundo está ben como está>>.

Comentarios