Sobre Gaza, Israel e a Guerra

|

Palmeiro

      Os 75 anos de historia do Estado de Israel (desde 1948) están sensiblemente marcados por unha ducia de abertos enfrontamentos bélicos cos veciños árabes, continuados agora polo durísimo ataque do grupo islamista Hamás, controlador de facto da franxa de Gaza, e a inmediata declaración de guerra por parte de Tel Aviv. 


       En resumo, mais dun milleiro de mortos, ata hoxe, unha desfeita que non cesa entre o terror e o uso da forza militar e o afastamento de propostas que permitan siquera superar en parte a imposición da violencia. Todos teñen dereito a se defenderen, por suposto. Tamén Israel, con notable capacidade militar reforzada polo estratéxico apoio dos Estados Unidos. Pero tamén teñen ese dereito os palestinos que soportan a diaria presión israelí en Cisjordania (agresivos asentamentos de colonos xudeus) e Gaza, franxa bloqueada por Israel desde hai mais de dez anos e víctima de “operacións preventivas” que periódicamente castigan unha poboación de pouco mais de dous millóns de habitantes que malviven grazas á axuda internacional.


       Niste escenario serve de pouco axitar o sintagma “el grupo terrorista Hamás” sen caer na conta de que, aínda co seu indiscutible dominio militar, non poden nin deberían os gobernantes israelíes deixar de considerar o feito de que unha situación de presión e deterioración coma que Gaza padece non pode prolongarse indefinidamente sen que nada malo suceda.

Comentarios