xunto con “Leite Noso Sociedade de Gandeiros Galegos”

A Adega Tapias Mariñán da localidade ourensana de Pazos, en Verín, faise cun Bacelo de Prata

|

  • O xurado dos Premios Bacelos de Prata, que organiza a Asociación Álvaro das Casas, reuníuse no Pazo dos Ulloa de Esposende (Ribadavia) e otorgoulle os galardóns na XV edición á Adega Tapias Mariñán e a Leite Noso Sociedade de Gandeiros Galegos 


Captura de pantalla 2023 09 11 002338O Xurado dos Premios Bacelos de Prata


  • Adega Tapias Mariñán


     Da Adega Tapias Mariñán, da Denominación de Orixe Monterrei, situada na localidade ourensana de Pazos (Verín), o xurado considerou que desde o ano 2007 elabora viños con marchamo de identidade e garantía de orixe utilizando a lingua galega nas etiquetas dos seus caldos, “levando a lingua galega con orgullo nos mercados onde comercializan”, matiza. 


     “Viños producidos en terras centenarias como Quinta das Tapias, branco elaborado coas variedades godello, treixadura; Pazo de Mariñán, tinto elaborado coas variedades mencía e arauxa; e Tapias 10, elaborado coidadosamente con acios de cepas máis antigas da Quinta das Tapias, producidos con prácticas enolóxicas realizadas a conciencia desde a poda ata a vendima, cunha coidada elaboración que resume unha maneira de facer en busca da calidade. 


Captura de pantalla 2023 09 11 003321


     Resalta o xurado a importancia da iniciativa empresarial destacando a aposta que fan pola lingua galega que espallan a través da publicidade, páxina web e as etiquetas dos viños nos fogares e restaurantes o de se consumen".


  • Leite Noso Sociedade de Gandeiros Galegos


     A empresa Leite Noso Sociedade de Gandeiros Galegos, foi constituída no 2016, en Santiago de Compostela, coa vontade de garantir unha produción de leite de calidade e a súa comercialización a través de dúas marcas, Deleite e Muuu, etiquetadas exclusivamente en lingua galega e co compromiso de achegar un produto de calidade aos consumidores e consumidoras sen intermediarios para seren competitivos no mercado, utilizando unha filosofía de incorporada lingua galega na etiquetaxe e publicidade coa finalidade de identificarse coa identidade cultural do país. 


      A empresa ao abeiro da RSC desenvolve unha serie de actividades periódicas a prol da cultura, a literatura, as artes, o cinema ou a música considerando que son parte fundamental da idiosincrasia galega. Coa súa aposta pola lingua nos envases da marca Deleite, comercializada nos grandes centros de distribución, dánlle unha ampla visibilidade á lingua galega. 


376505705 2693621297453087 2504354182051336921 n


    O xurado considerou un como un feito positivo que tamén a súa páxina web estea no idioma galego.



.







Comentarios