​Mira Maruxiña: Estou na Ponte, Ourense

|

     Desde hai algúns anos o barrio ourensan da Ponte xa non é o que era. Os pontinos do antigo Concello de Ponte Canedo, claramente descritos no libro de Fernández Sobrino, foron absorvidos polo “centro”, porque, daquela, os separaba a Ponte Maior. 


     Sociedades como A Troia, coros, rondallas e míticos café de tertulia política tipo Café Lisardo eran un mundo aparte dos do Centro. Logo pasaron moitas cousas, os tempos mudaron, as xentes foron esquecendo ás persoas e camaradería pontina ficou nas memorias do Pepe da Guardesa e dalgún que outro ilustre ourensano.


     Todo esto ven a conto porque desde que a hostelería potenciou o ambiente no barrio da Ponte, nestes últimos tempos, a Ponte ten sufrido moitos cambios positivos na oferta da restauración. Un deses referentes, que move xente de todo Ourense, é a Viñoteca, tipo furancho, Mira Maruxiña. Ademáis dun ambiente cordial, dirixido por Borja Tuñon, ten un alto grado de cualidade nos produtos que ofrece, sempre a prezos moi competitivos. Destacan as tostas, ensaladas e tablas de queixos e embutidos. Tamén coida a oferta de vinos galegos, destacando bodegas humildes, pero moi potentes como a do Arco da Vella de Eladio Rodríguez e o seu viño Tarabelo.


Ab114508 2889 4465 84bb e28f599d8c67

Borja Tuñon, responsable de Mira Maruxiña, co editor de Vinos y Caminos que degusta unha completa mostra de queixos do restaurante ourensano


    Outra iniciativa que promove é ofrecer un chateo dun viño por semana. “Queremos que a xente descubra e coñezca viños distintos, especiais e cada semana ofrecemos un diferente para chatear". Conservas galegas, xamons, mel, empanada, callos e por suposto, queixos son outras das delicias que ofrece este singular establecemento para levar.


Tabla de Quesos y Tarabelo, maridaje perfecto

Maridaxe de quesos curados e tinto Tarabelo D.O. Ribeiro unha proposta imbatible de Mira Maruxiña


      A día de hoxe manter o local cheo de persoas cun pequeno umbral sonoro non é sinxelo. Da misma forma, resulta complexo ter un persoal atento, amable e que sen caer na adulación excesiva, busque a empatía cos seus clientes. Borja sabe traballar sen complexos, e ademáis da cociña, prepara moitos dos seus pratos á vista de todos. Isto é un signo de identidade para o seu restaurante vinacoteca e unha garantía de cualidade das materias primas que transforma con maestría.


    Nestes meses de verao sempre haberá algún tempo de lecer e un intre para visitar un local que sempre ten as portas abertas para que os ourensanos difruten dun tempo de conversar entre amigos. Ese lugar emblemático ten nome propio galego e está no barrio da Ponte, en Ourense. Chámase: Mira Maruxiña.


Tabla variada de Queixos para degustar
Tabla variada de Queixos para degustar

Queixos de sabor intenso par degostar
Queixos de sabor intenso par degostar

Comentarios