O premio esta dotado con 1.500 euros

Elena Andrés, gañadora do XIX Premio Pura e Dora Vázquez de ilustración

|

      A ilustradora ourensá Elena Andrés Rodríguez é a gañadora do XIX Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez, na modalidade de ilustración.


     Graduada en Tradución e Interpretación, pola Universidade de Vigo, vén de rematar os estudos na Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde, de Ourense, preparando na actualidade diversos traballos profesionais. Desde sempre tivo unha "especial atracción pola ilustración", vocación que pensa desenvolver "aínda que nunca pensara que se podía vivir disto",  manifestaba o conocer o fallo do xurado.

O traballo escollido polo xurado, ilustrará o libro Xoán, Xoana, do escritor e editor Francisco Castro, gañador na modalidade de narración

     O xurado encargado de conceder o Pura e Dora Vázquez de Ilustración, dotado con 1.500 euros, estivo presidido pola deputada de Cultura da Deputación, Patricia Torres, actuando como secretaria Ana Malingre, e como vogais David Canda, Antón Alonso, Xosé Antón Dorrío e Isabel Mociño


Elena andres ganadora xix premio pura dora vazquez ilustracion 97

(de ezq.-dta.) Xosé Antón Dorrío, Antón Alonso, Isabel MociñoDavid Canda, Patricia Torres e Ana Malingre


     Os membros do xurado destacaron, ao dar a coñecer a súa decisión,  que as láminas de Elena Andrés Rodríguez «recollen moi ben o que relata o texto, incidindo na expresión dos sentimentos e das emocións». Unha valoración que tamén destaca a adaptación das imaxes ao público ao que vai dirixido, así como «a riqueza de detalles que configuran cada plano e a portada». 






Comentarios