Tanxugueiras, na senda da nosa Galiza

|

Sobrado 189X 200

        No  BenidormFest, coñecín ás Tanxugueiras e podo dicir que sentín unha fonda ledicia o comprobar que veñen unhas mulleres que recollen o mellor da nosa tradición folclórica.


         Apártanse e distínguense de aqueles grupos que se decantan por un folclore galego de badocos e titiriteiros. Elas son, pola contra, un grupo exquisito, pola calidade da interpretación e da súa coreografía.


         Son tamén exquisitas no sentido da diferenciación, mellor dito, na distinción da vulgaridade que moitas veces nos presentan como o auténticamente galego.


        Sentín ledicia o escoitalas e velas, porque recordei ó Ballet Rey de Viana, creado por José Manuel Rey de Viana e dirixido pola súa dona Victoria Canedo que conseguiu situarse entre os cuatro ballet folclóricos máis importantes do mundo e que desapareceu tras ser cesada polo bipartito, alegando que o grupo “non responde á idea que ten da danza o novo Goberno galego”. Esa foi unha demostración da categoría cultural dos políticos en ese momento.


         Tamén están a altura da Real Banda de Gaitas da Diputación de Ourense, dirixida maxistralmente por Xosé Lois Foxo, vilmente criticado por recuperar os traxes do século de ouro de Galiza o século XVIII.


          No  BenidormFest non venceron, pero é certo que convenceron. Esa é a Galiza que hay que desenrolar e defender, e non a outra.

Comentarios