Porriño desde lonxe

|

4489606

Hai algunhas semanas comentamos desde este medio que as ideoloxías amóldanse aos novos tipos sociais. Por iso temos que facer unha parada no acontecido no Concello do Porriño. Polo visto a Alcaldesa “vaise con amargura” despois de pedir perdón pola súa actuación e xustificando a súa dimisión con non servir de “obstáculo a un governo de esquerdas”. A pregunta vai parella da polémica cando tomando distintos camiños van destruíndo as construcións existentes. E a fin de contas iso é o que importa. 


        Os veciños do Porriño están fartos de sufrir que uns fagan e otros desfagan. Pero o máis preocupante é o excesivo control por parte da policía local do Porriño. Hai que dicer que desde lonxe, os visitantes sufren constantes denuncias dalgúns axentes polo estacionamento dos coches cando os pais deixan aos seus fillos na escola. A sensación de indefensión chega a límites nos que, sen molestar a ninguén e con persoas dentro do coche, os axentes non entran en razón e seguen sancionando por sistema. Esto repercute nas visitas ao Porriño. As persoas prefiren pasar de largo ao saber que desde a Alcaldía non se busca solución ningunha. Entre as posibles solucións está a tolerancia dos axentes e entre outras cousas, a oferta aos pais dun camiño escolar.


      Esperamos ver que o novo Alcalde ou Alcaldesa busque o ben dos veciños e non atenda só á continuidade da súa ideoloxía no Concello. Os cidadáns están fartos de comulgar con rodas de muíño, e ao final coa mesma vara que mides, han-te medir.

Comentarios