XLIV Premios da Crítica de Galicia

|

Critica 2021

Foto de familia dos galadoados nas edicións 2020 e 2021


Foi día 13 de novembro, pero pouco importou a superstición para que o salón de actos do Centro Social de Afundación en Vigo, non se enchera de artistas e galardornados pola Asociación Premios da Crítica de Galicia  Estaba abarrotado seguindo as normas COVID 19. Tampouco faltaron as Autoridades da Xunta, o Parlamento, ao Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, pois chegados de moitos recunchos da Galiza, este ano os premios tiñan como reto, brillar con luz propia nunha pandemia que non nos quere de todo deixar. 


O lema desta edición foi fermoso, e non logro imaxinalo na voz de Xela Arias, a súa autora:” non hai idioma dabondo para recoñecérmonos”. Curto e directo, preciso e penetrante foi elexido polos organizadores para deixar claro que a nosa identidade como galegos está na nosa lingua. Tanto Bieito Ledo coma Antón Pulido e a nova savia da xunta directiva reafirman en todos nós o reto de loitar pola cultura do país, pola pluralidade e mesmo pola diversidade poliédrica que nos enriquece. Como?, seguindo unha desas congostras que puiden disfrutar con Bieito no seu querido Padroso. Na Galiza rural que sobrevive aos ataques dos que siguen querendo roubarnos o poco que nos queda.


O acto foi necesariamente longo. Entregábanse os premios 2020 e 2021 e tivo anecdotas curiosas por parte dos galardoados. Algúns extendíanse nos discursos e outros, máis tímidos, resumían moito cun simple e entrañabel: grazas. 


Non faltou o momento de respeitar e soportar ao vicepresidente da Deputación de Pontevedra co seu longo discurso en castellano, cheo de galeguismos innecesarios, que mostraban o seu descoñecemento da lingua galega. Pero a boa música do Cuarteto Caramuxo trouxo calma á extrana inxerencia lingüística. Este grupo está moi ben conxuntado e nos enche de curiosidade ao seres un cuarteto formado por seis músicos, destacando este ano unha ausencia que non desmereceu nada a súa actuación. Así, un clarinete, un acordeón diatónico, un saxo contrabaixo, un clarinete baixo e percusión de caixa e prato, encheron silenzos inoportunos e conduciron con maestría a escaleta prevista.


Caramuxos

Cuarteto Caramuxo (foto: Jocabed Fernández)


Tamén falaron as Autoridades e entre elas hai que resaltar o discurso do presidente do Parlamento Miguel Santalices, que foi o encargado de recoller o premio dos 40 anos do Parlamento Galego. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fechou o acto cun discurso no que agradeceu aos organizadores o seu traballo e aos premiados a súa dedicación. Repetiu moitas veces o topónimo da súa cidade, da que está orgulloso, pola que traballa a reo e pola que é quen de sementar a súa vida polos seus veciños. Rematado o acto puidemos comprobar a súa cercanía con todos, e non podo menos que soñar para que toda Galiza sexa respeitada deste xeito. Amada de feitos e non só de palabra.


  • Nota do autor:


Dedico este artigo a Bieto Ledo por invertir tantas horas en xuntar aos amigos, a Eladio Rodríguez por regarnos co seu viño “Tarabelo” e a Antón Pulido por mostrarnos e compartir as cores do seu corazón.


Asitentes a XLIV edicion dos Premios da Critica de Galicia
Asitentes a XLIV edicion dos Premios da Critica de Galicia

Asistentes a entregra dos Premios da Crítica Galicia. Edición 2021
Asistentes a entregra dos Premios da Crítica Galicia. Edición 2021

Xose Lois Fernandez Carnicero, autor do articulo e Bieto Ledo Bieito Ledo, presidente e fundador dos Premios da Crítica de Galicia
Xose Lois Fernandez Carnicero, autor do articulo e Bieto Ledo Bieito Ledo, presidente e fundador dos Premios da Crítica de Galicia

Anton Alonso, Anton Pulido e o autor do articulo X. L. Fernandez Carnicero (foto, Jocabed Fernandez)
Anton Alonso, Anton Pulido e o autor do articulo X. L. Fernandez Carnicero (foto, Jocabed Fernandez)

Comentarios