Ourense Avanza

|

Uxia 135

         Está claro. Ourense merece un cambio e estamos no camiño.


         Os novos Orzamentos Xerais do Estado supoñen unha aposta do Goberno pola plena recuperación tras unha etapa dura provocada pola pandemia. Non queremos que ninguén quede atrás e por elo, seis de cada dez euros irán destinados a gastos sociais na nosa provincia.


         Neste proxecto  reflíctese, sen dúbida, un incremento en inversión por habitante (casi 111 euros máis respecto o anterior), así como nas inversións reais dos Ministerios, que pasaron de 123 millóns a máis de 157.


         Non podemos deixar atrás as políticas sobre transporte, que  é un sector estratéxico básico para o desenvolvemento global da economía do país, xa que garante a mobilidade dos cidadáns, responde á libre circulación de mercadorías e constitúe unha ferramenta básica para incrementar a productividade da economía española.


         Unha mobilidade que, dende unha perspectiva intermodal, é un dereito dos cidadáns que debe ser garantido, e que é necesario ademáis que sexa un instrumento de cohesión social e da propia política económica xeral, contribuindo á mellora da productividade e competitividade da economía da nosa provincia.


         A contía de 37 millóns para inversión en estradas, supón un incremento do 13,2% respecto ós orzamentos anteriores. Falamos de obras tales como a conexión da N-120 coa N-536 en O Barco de Valdeorras ou a adxudicación e inicio das obras na autovía A-56 na Variante Norte de Ourense (Eirasvedras- Quintela). Todo isto, sen esquecer as obras de mantemento e mellora da seguridade vial da Rede de Estradas do Estado cunha partida de máis de 11 millóns.


         Por outro lado, a inversión en ferrocarrís gañou un 38,1 % respecto o ano anterior. Os cambios de renovación e electrificación na liña con Monforte-Lugo ascenden a 234 millóns e, a punto de celebrar a chegada do AVE, o tramo Zamora-Lubián-Ourense é dotado con máis de 86 millóns, dos cales unha parte estará destinada á Variante de Ourense é outra de 21,2 millóns, para a estación do tren.


        Promover o noso patrimonio cultural é indispensable para evitar o seu abandono, por elo sumamos para continuar rehabilitando o Museo Arqueolóxico de Ourense con dotación de 3 millóns así como o  proxecto de recuperación e restauración da panda norte e sur do claustro de hospedería no Mosteiro de Melón.


       Asemade  é preciso destacar a  política de vivenda co novo Plan Estatal 2022-2025, no que se promoven máis axudas ó aluguer de vivenda habitual ou o Bono Xoven. A todo isto, engadimos as inversións ligadas ó Plan de Recuperación,Transformación e Resiliencia que suporán axudas fundamentais para continuar medrando como país.


       É un momento no que debemos apostar polas persoas,  para superar unha crise provocada por un  virus que non chegou para quedarse e na que os datos amosan que estamos saindo a flote. Estes orzamentos son especialmente sociais  e apostan por continuar medrando como provincia, con grandes melloras de progreso.


       Ourense merece un cambio e estamos no camiño. Avanzamos.

Comentarios