Será o sábado, día 30, ás 12.30 horas

Paco López-Barxas lembrará a xeración Nós arredor do Atlántico no Hotel Bela Fisterra

|

Fisterra 422 4200081 20211027195128 (1)

Paco López-Barxas participará nun relatorio o vindeiro sábado no hotel Bela Fisterra


  • A relación da Xeración Nós con Europa e a cultura atlántica será o tema que desenvolverá o escritor e xornalista ourensán, Paco López-Barxas, o sábado, día 30 ás 12.30 horas no hotel Bela Fisterra, que dirixe o emprendedor e empresario cultural Pepe Formoso, con motivo de cumplirse este sábado os 101 anos da publicación do primeiro número da revista Nós, capitaneada por Vicente Risco. 


170273077 10226299155486902 850637949663620952 n (1)

Pepe Formoso


O relatorio, que será conducido polo tamén xornalista, profesor e experto en lingua e literatura inglesa, José Miguel A. Giráldez, a modo de conversa con Paco López-Barxas, achegará a visión nacionalista e europeísta dos integrantes dunha xeración que influíu decisivamente na evolución socio-política e cultural de Galicia durante o século XX.



Paco López-Barxas, que vén de publicar un estoxo de catro libros sobre os principais protagonistas desta xeración de vangarda, Nós arredor de nós (Teófilo Edicións, 2020), con motivo do centenario da revista do mesmo nome, lembrará, non só o significado de Nós para Galicia, en tanto que dignificación da lingua, senón que achegará a súa visión sobre o modo no que estes persoeiros incorporaron a Galicia ás perspectivas europeas e atlánticas, con especial consideración pola cultura irlandesa.


Unha presenza que Paco López-Barxas considera amplamente destacada nas páxinas da revista Nós. O que indica que a publicación estaba na vangarda da cultura europea.


Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.