Juan Manuel Casares Gándara, presidente do C.R.D.O. Ribeiro e da Ruta do Viño do Ribeiro recibiu esta mañá no Mosteiro de San Clodio, sito en Leiro, (Ourense) a unha vintena automóviles históricos dos anos 20, 30, 40, 50 e 60 con motivo da celebración do ‘Encontro no Ribeiro’, un evento organizado polo Club Coruña Veteran Car e que se leva desenvolvendo dende o venres, dentro das Xornadas Europeas de Patrimonio que celebra a FEVA (Federación Española de Vehículos Antiguos).
Juan Manuel Casares Gándara, dirixindose os asistentes do ‘Encontro no Ribeiro’, no Mosteiro de San Clodio, en Leiro (Ourense)
O evento percorreu, entre outras, distintas localizacións dos concellos de Arnoia, Cenlle e Leiro incluindo unha parada para visitar de primeira man unha adega da Denominación de Orixe Ribeiro e probar os seus viños.
Trátase dunha asociación de amantes dos automóviles históricos, fundada na cidade de A Coruña no ano 1999, coa finalidade de aglutinar aos amantes dos coches clásicos e históricos. Organizan o Rallye Teresa Herrera de Automóviles Históricos, así como outras actividades coa fin de animar á conservación e divulgación dos coches clásicos e históricos.
Escribe tu comentario