Fotografía onírica e simbólica a través do surrealismo

|

O venres 30 de xullo fun ver a exposición de Adrián González Salgueiro "Transit e Meridiano" (Fotografía onírica e simbólica a través do surrealismo), que estaba colgada, e non inaugurada, no Liceo de Ourense.


228300360 2946213015667520 5669517939334773299 n (2)

Adrián González Salgueiro, durante o montaxe da Exposición fotográfica: "Transit e Meridiano", que permanecerá no Liceo de Ourense ata o dia 29 de agosto


Fun coa mellor compañía, Antón Alonso que foi quen de me comunicar esta mostra, xa que conoce o autor e tiña información privilexiada ó respecto.


Non vou facer espoiler. Lembro unha frase do meu amigo Bieito Ledo que di que "os libros só falan cando lles abres a boca e os les", así que aconsello ó que queira saber da obra de Adrián que acuda a vela, como quen quere coller peixes, ten que se mollar o cú.


Sen descubrir quen é o asasino podo dicir que Adrian é un artistazo novo de 22 anos que cursa o derradeiro curso de Historia da Arte, que foi seleccionado ó premio internacional de Retrato Carmelo Tartón en 2019 e ó Concurs Digiphoto en 2020. Ten exposto en Lugo, Sevilla, Londres, Roma e foi nomeado en múltiples publicacións nacionais e internacionais.


Ollar a obra de Adrían trasladoume décadas atrás á fotografía analóxica, de branco e negro, cando o procesado baixo a ampliadora coas máscaras, a doble exposición, a elección da dureza do papel, o tempo de solarización e nos líquidos de revelado e fixado, convertía unha técnica de reproducción fotográfica en arte. Porque o traballo deste artista encomenza na cámara pero se crea e transforma no postproceso.


4724247 (2)Adrian Salgueiro ab1516

Duas das obras que Adrián González Salgueiro, expón no Liceo de Ourense, que el define como "Fotografía onírica e simbólica a través do surrealismo"


Podo aseverar que en Adrian, a pesar da súa curta idade, asoma o seu propio estilo, a súa individual pegada. A mostra que nos presenta no Liceo de Ourense é congruente e uniforme, reafirmando en todas e cada unha das fotografías a súa procura expresionista, simbólica e xeroglífica. Valente, non fuxe do risco das imaxes chairas, do branco branquísimo, da sobreexposición dos fondos e da luz frontal impedindo relevos e escapando da terceira dimensión ó traves das sombras. 


Figuras humanas de home, facianas de muller, natureza viva compiten con retoques xeométricos nun equilibrio de formas e de luz / non luz.


Antón botaba de menos os títulos de cadanseu orixinal, xa que estaba recén colgada e aínda non os puxeran… eu agradecía esta falla para poderen voar, dende as suxerencias visuais, polas corgas fotográficas mercé á miña voadora imaxinación.


Comentarios