O efecto Junqueras

|

CARNICERO 150

Todos sabemos que en Catalunya existe un problema que continua sen resolución a curto prazo. Para reconstruír a historia do acontecido, basta ir ás hemerotecas virtuais e tomar nota das actuacións duns e doutros. A procrastinación dalgúns axudou a que houbese xuízos, condenas e prisión para os que tentaban acadar a independencia. Lembremos que o 10 de outubro de 2017, Catalunya converteuse nun Estado Independente en forma de República durante 15 segundos. Xusto os que tardou o Presidente en suspendelo, deixando a todos os seus seguidores pasmados. Non sabemos se pasmaron máis cando se decataron da súa fuxida; o que si quedou claro é que os independentistas ficaron divididos. Aquela declaración semellaba ser unha boa brincadeira.



Oriol Junqueras é unha persoa que nunca agachou as súas intencións. Ninguén podería entender que fuxira a Europa coma Puigdemont. Porque ten unha ideoloxía que herdou de non sabemos quen, desde que naceu. Agora, despois de varios anos na cadea, as cousas óllanse dunha forma diferente. A restitución social non se acada nun “chabolo” cheo de libros, informes, decretos e leis.


A pesar de asinar a carta que chegou ás maus do goberno, as intencións non se controlan con promesas ou,  como dirían os ingleses: “new resolutions”.


Por outra parte o efecto que produce este xesto na mente dos independentistas e de separación. Junqueras sabe que sen o opoio dos votantes el deixa de existir. Pero quere dar un paso adiante. Se iso chega a acontecer, a solución dos indultos sería un golpe con consecuencias económicas. Moitos catalás son independentes de corazón, pero a mente escora cara o poder económico; o que controlan desde moito tempo. E non  deberan ser criticados por iso. Basta ver outras comunidades autónomas cheas de ventaxas fiscais que á Catalunya non dan chegado. A transformación tecnolóxica e económica é unha causa fundamental para os cambios políticos e ideolóxicos que afectan aos diferentes planos da sociedade, porque ao final o que se busca é un estado de benestar global. Posiblemente sexa utópico pero iso fai que as xentes se entreteñan nun soño idílico e sigan controlando diñeiro.


Os presos políticos de todo o mundo ficarán asombrados ao escoitar que os comparan cos exdirixentes catalás en prisión. Non podemos esquecer que neste país te condenan por un artigo do código penal, e este apróbano no Congreso dos Deputados. Por esa razón non existe aletoriedade nas sentencias por estes delitos e só queda a vía dos indultos. Catalunya é unha nazón pero non é un Estado. Penso que nunca chegará a selo porque o que pretende, e quere ser, é un pobo independente.  Para iso non lles chega con seres autónomos, senón son libres de xestionar os impostos. Esa é a clave de todo. A complexidade de pedir iso ao Estado Español, resúmese na frase: queremos ser independentes. Co efecto que produce a carta de Junqueras vexo que está máis próxima esa meta económica. Iso si, ao resto das Comunidades vainos costar pouco asumir o custe catalán. Xa estamos afeitos a calar e dizer que chove, cando mexan por nós. 

Comentarios