A moral política

|

CARNICERO 150

          Nalgún momento temos escoitado o que é bo e o que é malo. Pero os mesmos feitos que nun país son bos, resultan moi malos noutros. As costumes de cada colectivo non mudan en pouco tempo, e xunto con elas, podemos falar das tradicións de sempre. Estamos falando da moral dun colectivo ou a un grupo de persoas. 


          Polo visto, na Comunidade Autónoma de Madrid, están intentando modificar as regras do xogo democrático (coa meta de estendelo ao resto das comunidades), e tanto os grupos de dereitas como os de esquerdas, avisan de que as políticas dos seus oponentes son moralmente ruíns. Suponse que todos os partidos políticos que se apresentaron ás eleccións non son malos en si mesmos. Se houbese algún, habería que retiralo do escenario político, ou ilegalizalo polo fomento do odio, terrorismo ou calquera outra forma totalitaria. Esto, que eu saiba, non acontece en España. O que pasa é que cando as agrupacións políticas locais non funcionan por problemas de loitas internas, dedícanse a botarlle a culpa á oposición. Ou aos electores, que aínda é moito pior. Poucos poden entender as análises internas daqueles que din ter feito unha excelente campaña, cun fabuloso candidato logo de perder 26 escanos e 500.000 votos. A cidadanía pode estar máis ou menos preparada para votar, pero ao non ver alternativas, propostas, ideias e nova savia que trae ilusión, seguirá rezando en silenzo o rezo dos resignados: “vale mellor mal coñecido que bo por coñecer”.


            Pasadas as eleccións na Comunidade de Madrid comezan os insultos. Os que fican no poder teñen insultos dos que perderon. Por outra parte, os que dimiten dos seus cargos ( e poucos deixan o seu cargo neste país), son tratados con xenreira e despedidos entre maledicencias e coprolalias. E en ningún dos casos hai delito?. Agora haberá que esperar a que os que governan Madrid, governen. Porque tal como está a situación, ter o poder non é facer cousas polo ben dos cidadáns, senon fazer o que nos deixen fazer as leis Europeas que moitos descoñecen e coas que poucos se identifican. Chama máis a atención o diñeiro que ven dalá. A resolucións, decretos e normas do Parlamento Europeo, ou da Comisión Europea fican tan lonxe da nosa realidade que até os nosos políticos pensan que poden fazer algo por eles mesmos. Que llo digan ao coletas!


            Finalmente, a extrapolación que se fai en clave estatal é errónea desde calquera punto de vista. Haberá que esperar o que acontece en Cataluña e despois, agardar a que os partidos divididos se xunten. Porque se hai algo novo no escenario político e que os que sempre estaban unidos, xa non están. E os que tentaban xuntarse sen conseguilo, parece que governan xuntos. 

Comentarios