A falsa amizade

|

3366627

    Decía Francis Bacon que "a amizade duplica as alegrías e divide as angurias pola metade". Pode ser que naqueles tempos fose certo, pero a día de hoxe o conceito de amizade está tan oculto como o feito de ter amigos. Desta maneira pode acontecer que cando cres ter un amigo, tópates de bruces cun enemigo. Certo é que é máis complicado invertir o tempo nas relación sociais e é moito máis habitual perder o tempo nas redes. Neses lugares, os amigos mídense polo número de “likes” que che poñen no Facebook, Instagram ou LinkedIn. Pouco importa coñecelos ou non, porque a cantidade é o que chama a atención dos demáis. Até fai que algún soñen en chegar a ser influencers.



          Pero vaiamos por partes, diferenciando algún dos amigos inmersos na nosa sociedade. En primeiro lugar están os amigos da taberna, sempre necesarios para tomar un viño e profundizar pouco. Vostedes coñecen ben o refrán. Despois están os amigos dos amigos como recurso para chegar a cotas ás que moitos nunca poderían escalar. Están tamén os amigos do móvil. Falo daqueles cos que podes falar e falar até unha hora seguido, evitando visitar ao psicólogo, e cando os ves en persoa, non tes nada que dicer ou compartir. Está Claro!, o elemento común era o móvil e en persoa perden bastantes puntos. Dentro deles está o subgrupo de amigos que denomino “de deslocamento”. É cando vas pola rúa e tes que andar un bo trozo. Para que che pase máis rápido o tempo, chamas ao “amigo de deslocamento” e ise tempo de paseo voa. A descripción pode continuar cos amigos con intereses particulares. Falo daqueles cos que antes era moi complicado falar, e de súpeto aparece algo no que teñen interés; e que só ti coñeces ou posúes: un contacto, un proxecto ou un simple libro. Digo así porque agora todo é dixital e poucos aprezan o tacto dun libro, o cheiro, ou mesmo refollalo para verlle os debuxos. Estes amigos desaparecen como o Guadiana, xusto no momento cando conseguen o obxectivo. Son coma un pesadelo, e non acreditas que chegues a perder tempo con eles. Pero sempre o perdes e nunca chegas a saber a razón. Quizáis sexa cando a soedade bate na túa e estes tipos aproveitan o momento. Quen sabe! Lembro que á Farmacia do meu avó José, chegou un día un coñecido que lle pediu un préstamo de 100 pts. Estamos nos anos 70. Dicía ser amigo del, e que máis pronto que tarde, lle ía devolver todo. O meu avó sacou 1.000 pts e deullas. Un cliente que estaba presente lle dixo: “D. José é vostede moi xeneroso”, ao que o meu avó respondeu: acabo de fazer o mellor negocio da miña vida. Éste dí que é o meu amigo, pero non me vai devolver nada , e se lle dou 100pts vai vir máis veces a molestarme. Despois de darle hoxe 1000pts, este non volve máis. Cóntanme na casa que así foi. Non o volveron ver nunca máis.


     Por outra parte están os compañeiros de traballo. Son en máis dunha ocasión “amigos impostos”. Nas relacións laboraveis fanse actividades semellantes ás que realizan os amigos. Sobre todo a nivel social, polo que algúns confunden compañerismo con amizade. Iso afecta a longo prazo ás actividades do traballo e case sempre, ao agromar os intereses persoales, todo cae coma un castelo de cartas. Hai compañeiros que chegan a ser bos amigos se desde moi novos pasan moitos anos traballando xuntos. Mais iso son algunas excepcións.


    É posivel que haxa outros tipos de amigos, aos que antes chamábamos “coñecidos”. Os gregos tiñan varias palabras para diferenciar os tipos de amor. Unha delas era φιλέω, ou amor entre amigos, porque sabían, e sabemos, que sen amor non existe a amizade. Por iso, despois de describir aos falsos amigos non é necesario entrar en definicións, con todo non debemos esquecer aos chistosos. Deles fala Salomón nun proverbio. “ Como o tolo que lanza tizóns, flechas ou morte, así é o home que engana ao seu amigo e dí: fíxeno por brincadeira."

Comentarios