A exposición NÓS, en Ourense

|

3366627

     Se alguén busca algunha actividade para ocupar ben o seu tempo de lecer, podo e quero recomendarlles que pasen a visitar a exposición titulada “ De NÓS a nós”, en Ourense.


         Esta exposición está comisariada por Afonso Vázquez Monxardín, profesor e colaborador de La Región, e continúa a viaxar por Galiza celebrando a efeméride dos 100 anos da revista NÓS. Porque cen anos non se cumpren tódolos días e como o “desastroso ano 2020” nom era para festas nen celebracións, a lembranza dos grandes das letras galegas continúa neste 2021. Podemos vela no Centro Cultural da Deputación de Ourense e na Sala da Fundación ABANCA na Praza Maior.


          A primeira exposición de NÓS en Santiago, con 15.000 visitas pouco tivo que ver coa que se nos presenta en Ourense. É necesario animar a todos os que xa a viron, a que repitan a experiencia. A razón non está en que en Ourense fagamos as cousas mellor ou pior, senon que en dous espazos próximos, pero ben diferenciados observo moitas das pezas expostas anteriormente, nunha disposición, agora, máis axeitada. En concreto son catro espazos amplos ben distribuidos e cheos de luz. O pior que che pode acontecer nunha exposición é que te perdas dentro dela ou que marches sen entender o tema que se apresenta. Neste caso Afonso V. Monxardín tivo ben claro que os obxectos que contextualizan a época do nacemento da revista en Ourense, non podían eclipsar o valor da revista nen a figura dos seus autores. Todo un éxito.


          Na inauguración do día 24 de febreiro de 2021 houbo bos discursos por parte do Presidente da Deputación e do Presidente da Xunta da Galiza. Monxardín explicou e agradeceu as aportacións de entidades públicas e de particulares e empregou os termos de excelentísimo, e ilustrísimo, ( hoxe obsoletos), motivado quizáis polos nervios do momento ou polo romanticismo dos anos 20. A quen non tivemos a oportunidade de escoitar foi ao  Alcalde de Ourense. Non pronunciou palabra, pois como maior autoridade alí presente, e para un acto cultural que asiste, ben podía solicitar decir algo. Pero a presenza de numerosos convidados entre eles colaboradores, entidades e fundacións, artistas, escritores e músicos, chiscaron un ollo a tantas en tantas ocasións nas que se conmemoran eventos desta importancia. Digo iso porque a organización fixo un esforzo para cumprir as normas sanitarias de seguridade e penso que o conseguiron. Por iso quero felicitar á Deputación de Ourense por este exposición e animar a todos a que vaian varias veces a visitala até o día 18 de abril. Tamén hai un catálogo da exposición con moita calidade e cun prezo razonabel.

 

         Invertir en cultura é transformar a sociedade na que nos movemos. Sigue sendo un potencial que ninguén debera desprezar e algúns non entenden.

Comentarios