Series Infinitas

|

3366627

     Nesta etapa que nos tocou vivir están a acrecentarse moito as plataformas que ofertan películas, series e documentais. Como parece ser que non hai ningunha outra cousa que facer, moitos están visualizando estes produtos sen límite. É dicer, horas e horas dedicadas a matar o tempo que se nos ven enriba, cada tarde, cada mañá, cada día. E non teño nada en contra destes produtos, simplemente me preocupa que sexan sempre os que, xunto cos videoxogos, enchan o maxín dos adolescentes e dos máis pequenos da casa.


       As posibilidades ocupacionais que se abren dentro dunha familia poden ser moi grandes, pero nunca deberan ser programadas. Cada un pode ter unha aficion a desenvolver no tempo de lecer. Algúns optan polo colecionismo, outros pola lectura e tamén polos xogos de mesa en familia. Poren observo que nestes tempos de “non ter onde ir” resulta moi complexo a convivencia e resolven todo nesas series, case infinitas, que enganchan a todos os da casa nunha televisión diferente en cada cuarto da mesma. O que podería ser de interés para potenciar as relacións humanas estase a convertir nuns reinos de Taifas en espazos moi pequenos. Esto fai que lembre con tristeza a historia dunha “influencer” que lle dixo ao seu mozo que collese un libro para tentar parar unha bala dunha pistola que ella tiña nas súas maus. Se todo chegase a ir ben, o número de visitas ao seu canal podería chegar a ser expectacular. O experimento resultou letal para o mozo duns 20 anos e a rapaza terá que cumplir prisión por moitos anos. Non podo imaxinar esta conducta como resultado dunha educación, nunha familia fundamentada en valores!


     Os contidos que visualizan os nosos fillos son responsabilidade dos pais. Pero de pouco vale lamentarse se xa nos levan varios anos de adianto. Seguramente non son contidos do noso interés e resolvemos que vendo esas series que nos venden estarán máis protexidos. Todo ten a súa medida e a liberdade debe ser tan grande como a capacidade de decidir o que nos convén. Penso que o proverbio resume ben a situación: “instrúe ao neno no seu camiño, e de grande non se afastará del”. 

Comentarios