GRAZAS Á FUNDACIÓN VICENTE RISCO

O hotel OCA Vila de Allariz, en Ourense convertido en unha sala de cine clásico, mudo y con música en directo

|

O hotel OCA Vila de Allariz converterase nunha sala de cinema, o próximo 7 de novembro, ás 21:00 horas.

Oca vila de allariz hotel n spa z06020gxen

Hotel Oca Villa de Allariz, Ourense



“Temos a honra de acoller esta proxección e a estrea desta banda sonora, que compuxo Caspervek a propósito para este concerto, y que contará ademais coa saxofonista Andrea González como convidada especial. E todo mentres gozamos das peripecias do impasible e grandísimo «Buster» Keaton”, sinala a directora do OCA Vila de Allariz. 


Goretti Iglesias subliña que “en OCA Hotels estamos comprometidos cos destinos nos que nos asentamos e con promover a cultura, o deporte e todo aquilo que aporta valores á sociedade da que formamos parte. Converter o hotel nunha sala de cine e con músicos en directo, parécenos unha forma brillante de facelo. Deste xeito non só os nosos hóspedes poden achegarse ao sétimo arte, senón que é unha forma de abrir as portas a toda a vila”.


Brais González, fundador de Caspervek, describe que o obxectivo do seu proxecto é sempre “tratar de achegar o legado do cinema silente, moitas veces esquecido polo gran público, a través da música. Neste cine, que ó carecer de diálogo sonoro, apoiase de xeito definitivo na música, o que o espectador escoite, pode alterar fortemente a súa percepción da película. Polo tanto, non queremos, nin propoñer un sonido que recorde aos filmes da época e que poida parecer anacrónico para a xente máis nova, nin tampouco crear partituras máis experimentais que poidan convertilo nun producto menos accesible; queremos simplemente aportar o nosa pequena contribución musical, para que todo o mundo poida descubrir e gozar da maxia do cinema mudo".


MG 3974 f326fc02

Caspervek Trío


Así mesmo, informa que “xa temos película para decembro. Será "Berlín, Sinfonía dunha Cidade" de Walter Ruttmann. Contaremos para ela con Laura Lorenzo (frauta) e Tonio Comesaña (clarinete) como invitados, solistas da Jovern Orquesta Nacional de España”. Esta mostra terá como escenario tamén o hotel OCA Vila de Allariz.


Dende hai seis anos a Fundación Vicente Risco realiza un ciclo anual de catro películas de cine clásico con música en directo a cargo de Caspervek Trío. “Unha iniciativa consolildade e que contribúe a enriquecer a oferta cultural de Allariz. 


"De sempre, a Fundación Vicente Risco procurou o apoio de outras entidades, fundamentalmente comercio e hostalería alaricanos, para divulgar as súas iniciativas. Dentro desta liña de actuación contamos coa colaboración do hotel Oca Vila de Allariz, o que para nós é de enorme satisfacción”, sinala o presidente da Fundación Vicente Risco, Luís Martínez-Risco.


Como en anteriores edicións a inscrición para ver esta película do 5º Ciclo de Cinema Mudo en Allariz, organizado pola Fundación Vicente Risco, farase a través do correo da entidade luisrisco@fundacionvicenterisco.com ata o día 6 de novembro. A entrada ten un prezo de 6 euros.


  • SOBRE A PELÍCULA


«College» é una comedia do ano 1927, orixinaria dos Estados Unidos e dirixida por James W. Horne, director tamén dun clásico que nos soa a todos, as películas de Laurel e Hardy, o Gordo e o Fraco. O filme está protagonizado por Buster Keaton. No reparto acompáñano Anne Cornwall, Harold Goodwin, Snitz Edwards, Florence Turner, Grant Withers.

Ronald gradúase non instituto como o "máis brillante alumno". Na súa gradación, Ronald fala sobre "a maldición do atleta", argumentando que os libros son máis importantes que ou atletismo.


Pero  Ronald ama a Mary, e Mary rexéitao porque adora aos atletas máis que aos intres de biblioteca e decide ir á Universidade de Clayton, que o decano describe como unha "universidade infestada de deportistas". Coa esperanza de impresionar a Mary, Ronald vai a Clayton e tenta converterse nun deportista.


"O Estudante" (“College”) é unha dás películas menos coñecidas de Buster Keaton e pode que non sexa a súa obra máis orixinal (é unha dás poucas películas nas que non participou nin na dirección nin non guión), pero é unha dás grandes e primeiras obras mestras dá comedia universitaria. Moitos atoparon unha gran similitude coa anterior película de Harold  Lloyd "The  Freshman" (1925).


Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.