NO MUSEO CON…

​Carlos Costoya (Ribeira Sacra)

|

  • -O adegueiro asegura que tanto Canarias como Galicia son os tesouros das variedades prefiloxéricas


Carlos Costoya Vázquez, (Ourense, 1971) é un ourensán cosmopolita con pasaporte de doble nacionalidade: artista e adegueiro. Esta diplomática condición lle permite  tanto aparcar os pinceles para facer obras maestras na adega, como volar sobre as viñas para transportar as súas cores aos lenzos. O resultado marabilloso é que os seus cadros se poden catar (como na súa serie “Catas gráficas”) e os seus viños se poden observar, coma se fosen cadros. Na súa alma, sempre de fondo, a Ribeira Sacra.


Carlos Costoya 1538

Carlos Costoya, pintor e adegueiro, no Museo do Viño, en Ribadavia (Ourense)

“ O viño xa non é un líquido: agora é unha experiencia”

Opina que, ” igual que os diamantes deixaron nalgún momento de ser unha pedra”, o viño “xa non é un líquido: agora é unha experiencia”, e aborda a continuidade do seu gorentoso tinto “Alodio” con novos productos para a súa adega/estudio: a cocción cerámica de ánforas de 300 litros para a crianza do viño. Arte e viño unidos pola maxia da Ribeira Sacra.


Carlos Costoya IMG 7962 1538 (2)

P. -¿Qué é o viño? ¿Unha arte, quizáis?


R.- Igual que un diamante deixou nalgún momento de ser unha pedra, o viño tamén hai moito que deixou de ser un líquido:  e agora é unha experiencia.


P. -¿Que está primeiro, o viño ou o arte?


R.- Primeiro o arte, empecei primeiro co arte porque xa o mamei na casa, tanto na pintura como na escultura e a cerámica.


P. -Aínda que facer viño é un arte, tamén…


R.- É un arte, pero é un arte difícil, porque estamos traballando con un produto vivo, cun produto efímero, e cun produto celoso que non se pode sentir víctima do abandono. Un cuadro ti pódelo deixar hoxe, e volver dentro de dez días e segue estando no mesmo estado físico, pero un viño non.


Carlos Costoya IMG 7970 1538


P. - E como artista plástico e viticultor, ¿cal é o vínculo máis cercano que ten entre ambos mundos?


R.- Ademáis de expoñer en museos e centros da cultura do viño, fixen unha serie de cadros centrada nos identificadores aromáticos, que chamei “catas gráficas”. En canto á cerámica,  a mellor maneira de fundir os dous mundos estouna abordando agora nos meus fornos, producindo unhas ánforas co tamaño e a porosidade exactas que se necesita para os viños.


P. -¿E prepara algún caldo, neste sentido?


R.- Levo tres anos investigando neste campo, e o ano que ven saldrá un viño, que se chamará “Terra adentro” –en alusión aos viños do interior, e a propia barriga da ánfora-  criadas en recipientes de 300 litros.


P. -¿Qué aspecto lle chamou máis a atención do Museo do Viño de Galicia?


R.- A tremenda funcionalidade do deseño desta gran factoría do viño compostelana que estaba incrustada aquí, no Ribeiro.  O deseño tan preciso da baixada por gravedade do mosto dende os lagares, o enorme investimento nun inmoble tan espectacular naqueles tempos.


P. -¿Cal é a faceta dos viños galegos con maior potencial internacional?


R.- O potencial máximo está na diferenciación polas variedades.  Tanto Canarias como Galicia son os tesouros das variedades prefiloxéricas. Que duda cabe que hai unha orixinalidade nos climas, na diferenciación do barroquismo orografico galego.


Carlos Costoya IMG 7941 (2) 1538

  • CUESTIONARIO PROUST:


P. -¿Un tipo de viño con futuro?


R. -Os viños exclusivos.


P. -¿Unha manía sobre o viño?


R. -Sempre con amigos.


P. -¿Maridaxe si ou maridaxe non?


R.- Non

-“Metafísica del vino”, de José Posada, é o meu libro preferido sobre o viño

P. -¿Un libro sobre o viño?


R. -“Metafísica del vino”, de José Posada.


P. -¿Unha viaxe de viño?


R. -A Ribeira Sacra.


P. -¿Unha personaxe da historia coa que tomarías un viño?

-Baltasar Gracián.


P. -¿E un persoaxe actual?


R. -Un bo amigo.


P. -¿Unha canción para escoitar con viño?


R. -Un tango.


P. -¿Unha viña que farías unha casa?


R. -No Plantío, na Ribeira Sacra

Comentarios