Pezas da Fundación Otero Pedrayo

|

Carnicero

A ideia de apresentar cada mes, unha peza da Fundación Otero Pedrayo, está a ter un éxito rotundo. Nesta altura, no mes de febreiro, tratouse dunha peza de cerámica titulada “ Gaucho a caballo”, diseñada por Luis Seoane. Para a presentación sempre escollen a un experto, que ten unha pequena ponencia. Salvo algunha excepción, todos preparan de xeito didáctico a presentación, o que incentiva aos asistentes a fazer preguntas e iniciar un debate final que é moi enriquecedor.


Nesta peza que nos ocupa saíu a empresa Celtia, que nasceu da mao do artista Díaz Pardo alá polo ano 1956 no Río da Plata. A marca “Porcelanas de Magdalena” exportaba vaixelas e xogos de café, nas que o propio Isaac Díaz Pardo era o diseñador. Pronto entraron a traballar novos artistas coma Luis Seoane, Laxeiro e Geno Díaz, pero deses diseños aínda sobrevive na Fundación Otero Pedrayo “o gaucho”. Seica tiña caído ao chao varias veces, e nesas sufriu algunhas roturas. Poren a Fundación conservaa con moito coidado. Estas figuras fixéronse para ofrecer motivos característicos de Arxentina, mostrando a súa riqueza cultural. O ponente convidado,  Carlos L. Bernárdez, profesor, ensaísta e escritor galego, fixo unha exposición amena e intelixente, introducindo a obra aprensentada no contexto da fábrica na Arxentina. Tamén mostrou fotografías de moito interés histórico.


Con esta presentación xa son moitas a pezas que a Fundación Otero Pedrayo saca á luz pública, sen complexos. Entre elas quero destacar a pintura de Castelao “O souto dos gatos”, sempre de difícil interpretación, ou o mapa de Fontán, que preside o salón da Casa Museo de Trasalba. Este mapa presentado a María Cristina de Borbón en 1834, foi impreso en 1845, e segue a ser unha das mellores xoias patrimoniais.


Haberá que esperar outros obxectos nos vindeiros meses, que case sempre se presentan no Liceo ou en Trasalba, dous espazos espectaculares.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.