A Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia inicia este mes un novo curso académico formando aos futuros facultativos na cura termal coa colaboración do Balneario de Mondariz.
Balneario de Mondariz, unica Villa Termal de España en activo desde 1873
Nestas sesións, impartidas polos directores médicos e profesionais deste centro e outros da comunidade abordarase o valor terapéutico das augas mineromedicinais no tratamento das enfermidades reumatolóxicas e nas patoloxías reumáticas crónicas. Tamén se afondará en diferentes terapias e técnicas termais, así como no tratamento dos pacientes xeriátricos. Abordarase o papel da balneoterapia no deporte, ademais do termalismo pediátrico. O avellentamento da poboación, o incremento das doenzas crónicas e o estrés fan que a cura balnearia teña cada vez máis aplicacións na medicina. Peso cada vez maior da hidroloxía médica na medicina actual, pois o avellentamento da poboación, o incremento das enfermidades crónicas e o estrés fan que a balneoterapia teña cada vez máis, sendo indiscutible o valor da balneoterapia como factor coadxuvante na prevención, tratamento e rehabilitación de procesos patolóxicos de evolución crónica.
Palacio del Agua, spa del Balneario de Mondariz
Os alumnos, todos eles de sexto curso do Grao de Medicina, participarán en sesións teóricos-prácticas de fin de semana, ao longo do mes de marzo, en Balneario de Mondariz, Laias, Arnoia, Caldelas de Tui, Augas Santas (Pantón) e Balneario de Lugo.
Escribe tu comentario