Entrega dos premios “Bacelos de prata” en Ribadavia (Ourense)

|

  • O Pazo dos Ulloa, en Ribadavia, acollía na mañá do 21 de decembro o acto de entrega dos XIII Premios Bacelos de Prata, outorgados pola asociación Álvaro de Casas que promociona a cultura galega. 


191221 MR Premios Bacelos I1500 (3)

Foto de Familia dos XIII Bacelos de Prata


   Nesta ocasión os galardóns premiaban á Queixerías Bama (Touro-A Coruña) e Adega Solaina Minei (Castrelo de Miño-Ourense) e as mencións honoríficas á IXP Pan de Cea e Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA). 


    Xoan Casares Gándara, presidente da D.O. Ribeiro, que exerceu de anfitrión en Esposende, Rivadavia, e de Portavoz das outras Cuatro D.O. de Galicia, fixo unha defensa moi ben documentada da lingua galega e a imporancia que ten Galeguizar Galicia en todos os ambitos, eso si dende a diferencia que nos une para evitar a standarizacion...


JM. Casares Bacelos de PlataIMG 6672 (2)191221 MR Premios Bacelos II

Xoan Manuel Casares, presidente do CRDO Ribeiro e o conselleiro do Medio Rural, 

José González durante as suas repepectivas intervencións


    O titular de Medio Rural insistiu na necesidade de apostar polo I+D+i no medio rural, co fin de mellorar -si cabe- a calidade dos nosos produtos, máis que recoñecida xa a nivel internacional. Unha aposta precisa, engadiu o conselleiro, para poder competir nun mercado cada vez máis esixente e abrir novas fronteiras e oportunidades de negocio.


    Así, o conselleiro aproveitou para felicitar aos galardoados desta XIII edición, que fan de “Galicia unha comunidade de calidade máis que de cantidade”, matizou José González. Nesta liña, destacou os valores e a tradición herdada de Queixería Bama e da recuperación vitícola e a posta en valor da terra galega da adega Solaina Minei. Tamén agradeceu o traballo de investigación e mellora da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) e o mantemento das características típicas e procesos tradicionais da IXP Pan de Cea.


  • O acto contou coa actuación musical de María do Ceo.


Maru00eda do Ceo nos Bacelos de Prata IMG 6663r

María do Ceo, durante unha da suas intervencions musicais, acompañada por Alex Salgado(izq.) a guitarra portuguesa e José Salgado (dta.), a guitarra española


Comentarios