Presentación das actividades do Nadal en Ribadavia (Ourense)

|

  • O Concello de Ribadavia, xunto a EAR (Establecementos Asociados do Ribeiro), presentou na mañá de hoxe as actividades que terán lugar ao longo do mes de decembro e na primeira semana de xaneiro dentro da campaña do Nadal.


RIVDAVIANADAL


Entre as principais accións destaca o do Alumeado do Nadal, que será o venres día 1 de decembro a partir das 19.00 h, e que este ano será máis espectacular e vistoso ca nunca. Tamén o mesmo día dará comezo o Concurso de Pinchos, organizado por EAR, e no que ata o día 10 de decembro se poderán degustar os diferentes pinchos nos locais participantes en horario de 12.00 h a 16.00 h e de 19.00 h a 23.00 h.


Outro dos aspectos destacados, e novidade da presente edición, será a entrega gratuíta dunha pulseira por parte do Concello de Ribadavia (para todas as persoas empadroadas) e dos comerciantes de EAR (para todos aqueles que merquen nos establecementos asociados) para poder acceder a Ribanadal. O resto de persoas terán que pagar polas pulseiras.


Esta pulseira poderana recoller, todas as persoas empadroadas, dende o día 27 de novembro ata o día 30 de decembro de 2017, nas dependencias do concello en horario de 08.30 h a 14.30 h.


No que respecta aos comerciantes (EAR), ofrecerán a pulseira ao mercar durante a súa campaña “Este Nadal, merca local”, que irá dende o 13 de decembro ata o 11 de xaneiro de 2018.


A pulseira permitirá o aceso gratuíto á actividade Ribanadal, tanto á pista de xeo como ao resto das atraccións, que estarán abertas ao público entre os días 22 e 30 de decembro, en horario de 11.00 h a 13.00 h e de 16.30 h a 20.30 h (o día 25 só en horario de tarde e o día 30 só en horario de mañá).


PROGRAMACIÓN DA CAMPAÑA DO NADAL


  • DECEMBRO


- Dia 1 : Alumeado do Nadal: árbore da Praza Maior, castelo e rúas da vila 19:00horas


- Do 4 de decembro ao 8 de xaneiro: Exposición "NOCTURNA" de Alexandre Cortinas, na Casa da Xuventude de Ribadavia.


- Día 17: Festival Musical benéfico a prol da Asociación Galega contra o Cancro, ás 17 horas na Casa da Cultura.


- Dia 21: Festival de Escolas Unitarias do CRA AMENCER, na Casa da Cultura, de 11 a 13h


- Día 21: Concerto de Nadal do Conservatorio e a Escola Municipal de Música, ás 20h


- Día 23: IV CARREIRA POPULAR DE RIBADAVIA ás 16:00horas máis información en www.carreirasgalegas.com


- Día 23: Tempo de Nadal “Lembraza da panxoliña ”, ciclo 25 na Igrexa de San Francisco, ás 19:00h. Organiza: Asociación de Amigos do Museo.


- Semana do 26 ao 30: Ludoteca Ribanadal de 9:00-13:30 horas. Obradoiros educativos, xogos e outras actividades de lecer no CPI Tomás de Lemos, edificio da Alameda.


- Semana 22 ao 30: RIBANADAL. Pista de Xeo e infláveis a cargo de Mantesil Ocio de 11 a 13h e de 16:30 a 20:30 horas (o día 25 só en horario de tarde e o día 30 só en horario de mañá) no Pavillón O Consello. Acceso gratuíto para empadroados ou beneficiarios da campaña do nadal do comercio con pulseira. Resto de usuarios acceso 4€.


Patrocinan: Abanca, Aqualia, Amando, Construcciones Lemos Martínez, Consello Regulador DO Ribeiro, Establecementos Asociados do Ribeiro, Termas Prexigueiro, Viña Costeira.


- Dia 24: Misa de Nadal cantada pola coral Ecos do Avia, no Asilo Nosa Señora dos Ánxos, ás 17:00h.


- 29 e 30: O QUE SE ENCHUFA, RECÍCLASE: campaña de información e sensibilización sobre a importancia de reciclar os residuos de aparatos eléctricos e electrodomésticos. Na entrada da Praza Maior.


  • XANEIRO


- Día 5 Cabalgata de Reis, ás 18.00h. Saída do IES O Ribeiro e chegada á Praza Maior.

- Día 7: Concerto de Aninovo de A Lira, ás 19:00h no Auditorio da Casa da Cultura.

- Días 2 e 4: Cine infantil, ás 17 h no Auditorio da Casa da Cultura


Actividades EAR no Nadal



  • Campaña “Este Nadal, merca local” dende o 13 / decembro ata 11 / xaneiro. (Data de entrega de premios)
  • Entrega de 225 carros para as compras, cos patrocinios de Concello de Ribadavia, Xunta de Galicia e Deputación de Ourense.
  • Entrega de 3 cheques de 100 € para mercar nos establecementos asociados (sorteo día 9 de xaneiro, ás 13.30 h na praza de abastos).
  • O día 23 de decembro animación de rúa durante todo o dia para finalizar coa visita do Papa Noel e o seu duende a todolos nenos do Ribeiro.
  • Decoración dos establecementos coas estrelas da Asociación, con testos, con alfombras e con uns escaparates atractivos para o consumidor.
  • Repartiranse agasallos de Nadal entre todos os asociados.



4º CONCURSO DE PINCHOS DE OUTONO


Entre o 1 e o 10 de decembro.

17 locais de hostalaría

Premios para clientes e para o mellor pincho

Colaboración do C.R.D.O. Ribeiro

Comentarios