viticultor e adegueiro

José Luis Mateo, Bodega Quinta da Muradella

|

José Luis Mateo (Verín, 1968) é dos maiores ourives do viño de Galicia. Os seus diamantes: as variedades galegas. Maestro en humildade e doctor en coherencia, confesa que os 98 puntos que lle deu Robert Parker en 2005 ao seu tinto “A Trabe” non lle supuxeron ningunha emoción personal, aínda que lle agradece que situara a Monterrei no imaxinario estadounidense. A revista Wine Spirits calificou a súa adega –por dúas veces- entre as cen millores do mundo, e un monovarietal seu de Dona Branca, o “Muradella Branco 2009”, obtivo o premio de mellor branco de España.

Josu00e9 Luis Mateo 1 (2)


Absolutamente inmune aos galardóns, Mateo -que estudou as licenciaturas de Ciencias da Información e de Xestión Comercial só “para saber ao que non me quería adicar”- é o verdadeiro paladín das castes autóctonas galegas, que ensambla con maxia nas distintas marcas da súa adega Quinta da Muradella. 


Durante a visita ao Museo do Viño de Galicia anúncianos que traballa nun branco con fermentación e crianza en cerámica, que sairá nun ano ao mercado.

“O MÁIS IMPORTANTE DE ROBERT PARKER FOI QUE PUXO AOS TINTOS DE MONTERREI NA MENTE DOS ESTADOUNIDENSES"

 

P- Pódese dicir que para ti Robert Parker non signifIcou nada? 


R- Para min o máis importante desas puntuacións foi poñer aos tintos de Monterrei na mente dun país como Estados Unidos, sobre todo naquela época. Para min iso foi moi importante. Agora, a nivel personal, a Robert Parker respectoo moito, pero non é unha cousa que me emocionara.


P- Pódese dicir que para ti Robert Parker non signifIcou nada? - Es un gran reivindicador das variedades autóctonas galegas. Que son para ti as castes?


R-  Pois son unha parte importante da viticultura de Galicia. Non é a única parte, pero é unha parte moi importante do que configura a expresión das nosas zonas vitícolas.


P- Se fósemos franceses ou israelíes, as nosas castes serían patrimonio nacional…


R-  As castes galegas son un patrimonio único, xa que moi poucas partes do mundo poden dispoñer dun abano varietal como temos aquí en Galicia.


P- Variedade ou terroir?


R-  Pois é un conxunto de cousas que non se pode disociar, teñen que ir en conxunto. Os terruños son moi importantes, pero parte do terruño é a caste. A forma de interpretalas e de endendelas é unha parte moi importante das zonas vitícolas.


  • Novo branco en cerámica.


P- Nese sentido é vostede pioneiro. Algún proxecto novo?


R-  Nun ou dous anos sacarei un viño con fermentación e crianza en cerámica. Esto permite un novo concepto de microosixenación, e desenvolve mellor os procesos de maduración. Será un viño branco novedoso ao que lle estou poñendo moito cariño, concretamente da variedade Dona Branca,


P- Vostede cre firmemente na necesidade de recuperar os oficios antigos relacionados co mundo do viño. 


R-  Paréceme que sería unha cousa moi importante para a viticultura, porque así se recuperaría unha parte crucial da sabedoría popular e sociolóxica, moitas formas de traballar os terruños ou outras coma os toneleiros. Ou a forma de traballar os solos, cun apeiro determinado, e iso nos levaría a moitas cousas, como oportunidades de emprego.


P- Por exemplo?


R- Por exemplo: un toneleiro que me veu hai pouco de Miranda do Douro, para arreglar un fudre, un tonel moi grande, porque máis perto non atopei outro. Chegou coa súa maletiña de ferramentas, traballoume unha mañá, fixo un bo arreglo, e cobrou 300 euros. Coido que pode ser un xeito digno de gañarse a vida, especializado e ben remunerado.


P- Que destacarías do Museo do Viño de Galicia?


R-  Agora mesmo estou impactado da construcción monumental. É a primeira vez que vexo un edificio antigo feito e deseñado exclusivamente para a viticultura, paréceme impresionante, a arquitectura orientada a todo o proceso de elaboración, é moi emocionante.


P- Que aspecto destacarías da cultura do viño en Galicia?


R- O conxunto da viticultura de Galicia, o xeito de evolucionar dende a época antiga ata hoxe, é unha cousa única e non nos damos conta da identidade que temos aquí que hai que conservar.


Josu00e9 Luis Mateo  1577

José Luis Mateo, durante su visita al Museo


  • CUESTIONARIO PROUST:


P- Un tipo de viño con futuro?

R- Os viños de Galicia, en xeral.


P- Unha manía sobre o viño?
R- Que ten que proporcionar placer.


P- Maridaxe si, ou maridaxe non?
R-  Eu creo que non. Hai viño para todos os momentos.


P- Un libro sobre o viño?
R-  Calquera clásico de historia vitícola.


P- Unha viaxe de viño?
R-  Todas as viaxes son boas en boa compaña, e bebendo viño de calquera zona do mundo onde te atopes.


P- Unha personaxe histórica coa que tomarías un viño?
R-  Cristóbal Colón.


P- E unha personaxe actual?
R-  Alejandro Sanz.


P- Unha canción para escoitar con viño?
R-  “Un mundo marabilloso”, de Louis Amstrong.


P- Unha viña na que terías unha casa?
R-  Calquera no Ribeiro ou en Monterrei.


Comentarios