Arranca o próximo martes 3 de xullo

Mediaset España protagoniza a xornada inaugural do XVº Curso de Verán de Medios Audiovisuais da UVigo

|

Mediaset España, compañía audiovisual líder de audiencia por oitava temporada consecutiva no noso país e á fronte da produtora cinematográfica de maior éxito do cinema español nos últimos catro anos, protagonizará a xornada inaugural do XVº Curso de Verán de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC 2018), que organiza a Fundación Carlos Casares e a UVigo e que se celebrará entre os próximos 3 e 6 de xullo no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova - Convertido no foro especializado de referencia en Galicia, reúne anualmente a profesionais do sector para debater e ofrecer as claves sobre a creación audiovisual en todas as súas variantes, formatos e soportes. 


Nesta nova edición, que leva o título A narrativa audiovisual do presente: camiños, formatos e pantallas, está dirixida polos profesores Miguel Anxo Fernández e Paulino Pérez, e abordará as claves da narrativa actual tanto en series de televisión como no cinema e o futuro que agarda ao sector en función dos novos tipos de consumo. 


A clase inaugural correrá a cargo de Manuel Villanueva, director xeral de Contidos de Mediaset España, que analizará o próximo martes 3 de xullo (12:30 horas) a ampla experiencia de Mediaset España na produción de ficción e cinema. A continuación, Félix Sabroso, xefe do departamento de análise de guión de ficción de Mediaset España, abordará as claves que levan a construción dunha serie de televisión. 


Por último, intervirá o guionista e director de cine Sergio G. Sánchez, que se referirá ás anécdotas, desafíos, curiosidades e claves de éxito de El Secreto de Marrowbone, a súa ópera prima, producida por Telecinco Cinema, que se converteu na cuarta película española máis vista en cines de 2017. 


CeMAC 2018 está promovido pola Fundación Caros Casares, o Vicerreitorado do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, o Concello de Celanova e a Deputación Provincial de Ourense, coa colaboración de AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais)

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.